Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

Eleccións

Fernández Prieto presenta en Lugo o seu plan de goberno

13.04.2010  O reitorable promete cambiar o máster docente e convocar prazas de cátedra

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Lourenzo Fernández Prie­to presentou onte no campus de Lugo a estratexia académica recollida no programa da súa candidatura ó reitorado da USC.

Entre as súas propostas para o alumnado. O catedrático de Historia Contemporánea avo­ga pola mellora das prácti­cas preprofesionais, un alicerce da converxencia europea "ao que non se atendeu debi­damente".

Sobre os graos, o profe­sor apuntou á necesidade de facer un seguimento da súa posta en marcha, compro­meténdose a "articular me­canismos de participación efectiva do estudantado no seguimento e avaliación dos estudos".

Fernández Prieto fixo mención especial ó Máster para acceder á docencia en secundaria. Na súa opinión, a solución ó problema da escaseza de prazas pasa por que a obrigatoriedade de cursalo sexa unha vez aprobadas as oposicións no canto de ser requisito para presentarse a elas.

Tamén se referiu de forma expresa ó campus de Lugo, no que cre que a próxima apertura do mapa de titulacións debe aproveitar­se para lograr a súa consoli­dación como referente".

A redución da "burocra­cia inútil que afoga docentes e xestores", para reducir os trámites e o "papeleo inútil un 50%", a planificación es­tratéxica do persoal para captar os mellores profeso­res e investigadores e a estabilización e a pro­moción da carreira académi­ca son outras das súas apostas.

Neste aspecto aludiu expresamente ó colectivo de docentes acreditados para cátedra, que, segundo o seu programa, contarían cun plan de transformación a curto prazo dirixido a eliminar esa bolsa de acreditados sen praza e definir un modelo de promoción estable no tempo e nos criterios.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS