Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 10.14
![]() |
| FOTO: AXENCIAS |
Xaime Gómez Márquez tamén lle puxo cara e nome ó seu equipo de goberno. O decano de Bioloxía propón 6 vicerreitorías cada unha con tres direccións de área. O Vicerreitor da Función Docente sería Felipe Trillo Alonso; Antonio Martínez Cortizas encargaríase da Vicerreitoría de Investigación: da Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo ocuparíase Ana Bravo del Moral; da de Estudantes, Cultura, Biblioteca e Deportes, Margarita Estévez Saá; e as vicerreitorías de Infraestruturas e mais de Calidade, Igualdade e Planificación aínda non teñen cara. "O noso credo é moi sinxelo: cremos na Universidade como institución académica e non como unha fábrica de especialistas xestionada como unha empresa", dixo Gómez Márquez, que teimou onte en presentar unha candidatura "estritamente universitaria", caracterizada pola franqueza e a cordialidade, lonxe da "elitocracia" e herdeiro do ‘Galaecia Fulget’.
