Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

EXCELENCIA

Haberá Campus do Mar pase o que pase, di Gago

17.03.2010  O reitor olívico asegura que, ó contar cos terreos da ETEA, o proxecto sairá adiante malia non acadar o premio do Ministerio

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN. SANTIAGO

O presidente dos armadores de Vigo, Touza, e o reitor Gago, pola esquerda FOTO: AXENCIAS
O presidente dos armadores de Vigo, Touza, e o reitor Gago, pola esquerda
FOTO: AXENCIAS

O proxecto Campus do Mar da Universidade de Vigo segue sumando apoios. Onte foron a Cooperativa de Armadores de Vigo e as principais asociacións de armadores e buques de pesca e as organizacións de produtores as que que materializaron o seu entusiasmo co proxecto a través da sinatura dun acordo de colaboración. Este apoio será, segundo a valoración do reitor Alberto Gago, "a peza distintiva" con respecto ao resto de proxectos que competirán con Vigo por acadar o selo de Excelencia en ciencia e tecnoloxía mariña, en referencia aos proxectos que se presentarán nas Palmas e Cádiz. "Se vemos detrás de cada unha das propostas que nos imos presentar a esta convocatoria descubrimos unha enorme diferenza con respecto aos sectores produtivos que apoian a cada unha" en referencia á gran baza que supón para Vigo, non só dispor dunha localización privilexiada, como é a Antiga Escola de Transmisión e Electrónica da Armada, ETEA, senón tamén contar co dos tres sectores fundamentais neste ámbito: a pesca, a acuicultura e o naval.

Gago subliñou que "seguimos coas mesmas posibilidades e rivais de sempre", se ben anunciou tamén novidades, algunha de importante calado, como o feito de que "a Universidade de Vigo en exclusiva achegaría ao proxecto arredor de 500 doutores en ciencia e tecnoloxía mariña", unha cifra que chegaría a entre 1.200 ou 1.500 contanto os que se sumen ó proxecto desde as outras dúas galegas e as tres do Norte de Portugal.

A fortaleza que está a adquirir o proxecto, sobre todo tras o apoio da Xunta coa cesión dos terreos da ETEA, motivou tamén que o reitor insistise en que haberá Campus do Mar, alén da competición do Ministerio de Educación. "Pode custar máis tempo porque haberá menos financiamento pero a nosa vontade é que haxa Campus do Mar cos socios que temos", subliñou Gago. "O proxecto sairá adiante, se non é en cinco anos será en dez, pero sairá", engadiu.

O vindeiro 6 de abril será unha das datas claves deste proceso, pois será entón cando viaxen a Madrid o reitor e o comisionado para o Campus do Mar, Emilio Fernández, para "resolver as últimas dúbidas e palpar o ambiente no ministerio", tal como subliñou Gago. Logo, a convocatoria manterase aberta ata a segunda quincena de maio "e darannos un par de meses para, si pasamos o primeiro filtro, presentar o proxecto definitivo cara finais de xullo", explicou o reitor.

Capital da Eurorrexión luso-galega

O aval dos armadores ao proxecto fíxose patente cun acordo de colaboración que foi asinado por Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo, ARVI, e de Clupesca, así como polos presidentes das principais asociacións de armadores e buques de pesca e das organizacións de produtores.

Touza explicou que se trata dun proxecto fundamental para o desenvolvemento futuro de Vigo, unha cidade que "chamada a ser a capital da Eurorrexión". Ademais, sinalou o proxecto como "unha das mellores leccións que se poden dar á cidadanía" nuns momentos aos que se referiu como de "gran crispación" entre o norte e sur, en referencia ás negociaciósn pola fusión das caixas. "Que mellor exemplo que que as universidades, galegas e portuguesas, e o sector pesqueiro vaiamos da man", ao tempo que insistiu en que "hai que unir esforzos, non dividir" aseverou o presidente, que puxo a UVigo como exemplo da tripla hélice.

 

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS