Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

ORGANIZACIÓN

+Ideas para a USC

23.10.2010  Un cento de docentes crea unha nova plataforma que ocupará o lugar da PUP, "pero partindo de cero e sen ser herdeira dela", segundo o seu voceiro, Enrique Macías

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O profesor de Matemáticas Enrique Macías Virgós, voceiro da nova agrupación de profesores +Ideas FOTO: AXENCIAS
O profesor de Matemáticas Enrique Macías Virgós, voceiro da nova agrupación de profesores +Ideas
FOTO: AXENCIAS

Nova xente e xente nova que achegue ideas novas. Un cento de docentes da Universidade de Santiago acaban de constituír a agrupación +Ideas co obxectivo de atraer a participación dos docentes e abrir canles de debate que cheguen ós órganos de goberno para ancorar a USC na primeira división do sistema universitario español e europeo.

A asociación, constituída onte, vén ocupar o oco deixado pola Plataforma Universitaria Progresista, a PUP, disolta tras as últimas eleccións hai catro meses nas que Juan Casares Long tomou o relevo de Senén Barro -apoiado pola PUP- no reitorado compostelán.

"Algunhas persoas que estabamos na PUP, con outro grupo de xente nova decidimos crear un novo grupo cunha orientación progresista similar, pero empezando de cero. Vai vir ocupar ese espazo que ocupaba a PUP, sen ser herdeiros dela" aclara o impulsor deste novo grupo, o profesor da Facultade de Matemáticas Enrique Macías Virgós. "Diferénciase na propia organización do grupo, que terá un estilo de traballo distinto", explica este activo membro da PUP durante anos.

Outro elemento diferenciador será, avanza Macías, a incorporación de xente nova. "Na PUP a media de idade era bastante avanzada. Esta nova organización desde o principio trata de atraer xente acabada de chegar e con ganas de facer cousas, non tan establecida, mozos investigadores... que ata agora estaban desinteresados da política universitaria. Que acheguen ideas rompedoras, diferentes e inconformistas. Se queremos unha universidade moderna hai que contar coa eles".

Pero +Ideas intégrano "persoas de diversas idades, cunha grande pluralidade de perfís profesionais e diferentes formas de entender a política universitaria", que asumen que "a USC ten que estar na vangarda das universidades españolas .

En torno a centenar de profesores participaron o xoves na súa constitución, na Facultade de Química coa participación, por teleconferencia, de colegas de Lugo. O vindeiro mércores Macías presentará o colectivo na reunión do claustro da USC, e proporá candidaturas para as eleccións das diferentes comisións.

 

 

 

A Universidade de Santiago, líder no cambio económico de Galicia

Á USC correspóndelle un papel líder na modernización e o cambio de modelo económico e social de Galicia, indica +Ideas na definición do seu modelo de universidade. A aposta clara pola internacionalización, encabezar a colaboración con outros campus e unha participación activa na xeración de coñecemento e desenvolvemento tecnológi­co son outras das súas premisas. Sobre o alumnado, o seu proxecto fala de formalo "na cultura do esforzo e do desenvolvemento económico, social e ambien­tal responsables". A universidade como servizo público é outra idea reiterada xunto á de moder­nidad, a través dunha "xestión profesionalizada" e unha aposta "permanente pola excelencia".

O obxectivo do novo colectivo é integrar "a todos os membros da USC que compartan un ideario de progreso, baseado na aposta pola universidade pública, comprometida coa calidade docente e investigadora, dimanizadora do seu contorno socioeconómico, e disposta a abordar os retos do século XX". Unha partitura común a todos, recoñece Macías, pero "logo cada un fai a súa música".

"Non nacemos como oposición a Casares Long"

+Ideas foxe de lecturas en clave de rivalidade política. "Non nacemos para ser oposición. Apoiaremos o actual de goberno cando esteamos de acordo" di Enrique Macías.

As elec­cións de ma­io, con todo, tiveron que ver. "A presentación dun nú­mero tan elevado de candi­daturas (7) e a formulación de liñas programáticas que nos pareceron en moi­tos casos inaxeitadas pa­ra levar na boa dirección ou goberno da USC evidenciaron unha preocupante situa­ción de falta de liderados universitarios, suscitando dúbidas no que atinxe ao porvir da nosa universida­de", explica +Ideas. Os seus inte­grantes consideran ademais que o modelo de platafor­mais, que funcionou durante case 25 anos, constatou as súas "limita­cións" como fórmula de participación da comuni­dade universitaria.

Con todo, seguen en activo Universidade Aberta (UA), colectivo de profesorado de signo nacionalista; e Converxencia Universita­ria (CU), máis á dereita. Ambas foron socias da PUP no último gober­no de Senén Barro, ata o abandono de UA un ano antes das eleccións. Daquela a desaparecida PUP apoiou a filóloga Merce­deas Brea como candidata ó reitorado; UA, a Lourenzo Fernández Prieto; e CU, a Juan Varela.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS