Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

catedrático de Enxeñería Química e candidato a reitor

Juan Casares Long: “Traballarei polo recoñecemento da USC”

23.05.2010  Teima en que as 14 persoas do seu equipo son as que estarán no goberno se chega a reitor. Defíneo como aglutinante de todas as sensibilidades e preparado para tomar as rendas

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

I.C. . SANTIAGO

Juan Casares Long (A Coruña, 1950) coincide co seu rival en que abordar o financiamento da USC coa Xunta será unha das súas primeiras medidas se mañá gana as eleccións. No apartado das diferenzas entre un e outro, o catedrático de Enxeñería Química subliña "o carácter plural" da súa candidatura e que as doce persoas que presenta como equipo son todas as que estarán se chega á vitoria. "Eu explicito o que o outro non explicita aínda", advirte o profesor.

Cal é a principal diferenza, ó seu ver, entre a súa candidatirua e a do seu rival?

A experiencia, os anos que levo como a única voz alternativa na universidade. A presenza nestes anos nos órganos de goberno axudaron a coñecer ben cal é a situación da USC.

 

Se gaña as eleccións, ¿cal será a primeira medida que poña en marcha?

Falaría dun conxunto de accións, e a primeira sería integrarme na comisión que trata o plano de financiamento das universidades galegas. Se é posible, tamén convocarei o claustro antes das vacacións, xa que estamos fóra de prazo para adaptalo á Lomlou. Impulsarei unha serie de medidas que tratarán de facer que o proceso de cambio sexa o máis fluído e o máis
rápido posible.

 

Hai uns días dous deputados de BNG e PSdeG pedían o voto progresita para o seu contrincante. Hai quen o ve como a opción conservadora, ¿como se definiría vostede?

Non teño ataduras nin condicionantes, síntome moi libre e penso que traballarei só para que a USC sexa recoñecida. E a miña é unha candidatura aberta e plural, onde teñen cabida todas
as sensibilidades.

Rodeouse dun equipo de 12 persoas, á parte da secretaria xeral ¿non son demasiadas para uns tempos de crise?

Non, eu explicito o que o outro non explicita. Ademais, iso non quere dicir que nun momento determinado se hai que quitar ou poñer alguén se faga, pero agora mesmo é un equipo completo, para gobernar.

 

Facendo autocrítica, ¿en que debe mudar, autocorrixirse a USC?

Temos que corrixir as asimetrías que existen entre campus, centros, departamentos e mesmo áreas de coñecemento, porque debemos garantir a mellor investigación e a mellor docencia.l.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS