Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 30.08.2014  | Actualizado 18.15

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Aulas

anuncio

A Liga Estudiantil Galega preséntase como alternativa ao "lobby da UPG"

Acaban de nacer e xa son maioritarios nos campus de Compostela e Lugo ·· A súa primeira acción será unha homenaxe a Neira Vilas en abril

Asemblea Nacional Constituínte o 26 de marzo na Facultade de Dereito - FOTO: liga estudiantil galega
Asemblea Nacional Constituínte o 26 de marzo na Facultade de Dereito - FOTO: liga estudiantil galega

MARGA TOJO . SANTIAGO   | 01.04.2011 
A- A+

Onte presentouse aos medios a Liga Estudantil Galega, a organización de universitarios escindida dos Comités -até este ano, o maior sindicato estudantil no ensino superior galego- o pasado 26 de marzo. Abandonaron as filas da organización en protesta polo que, segundo eles, se converteu no "lobby universitario das mocidades da Unión do Povo Galego (UPG)" e, tras máis dun mes de debate interno, constituídos en asemblea o sábado pasado, a nova corporación anuncia que presentará xa a súa primeira acción este mes de abril. Será unha homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas no quincuaxésimo aniversario da obra Memorias dun neno labrego a través dunhas xornadas, entre os días doce e trece do próximo mes.

Autodefinidos como herdeiros de organizacións galeguistas precedentes, como Estudantes Revolucionarios Galegos ou os Comités Abertos da Facultade (CAF), os afiliados da organización duplican actualmente en número os dos Comités no campus de Santiago, e son xa a organización maioritaria nas facultades de Compostela e de Lugo.

"Nos Comités había problemas internos desde hai anos, debido á existencia de lobbis de poder formados por integrantes da Unión de Mocidade Galega (UMG). A organización non podía chegar ao estudantado e "imposibilitaba traballar en clave de país", asegura un dos membros do Consello Nacional da liga, Denis Vicente.

En declaracións ás axencias, Vicente defendeu que os integrantes da Liga Estudiantil Galega, aínda que seguen unha orientación política de "esquerdas e reclaman a soberanía galeguista, son apartidistas" e carecen de ligazón con organizacións políticas. Como obxectivo primordial perseguen que o ensino na comunidade sexa "democrático, público, de calidade e non patriarcal" e que teña o galego como lingua vehicular.

12 e 13 de abril

Ás xornadas de homenaxe a Neira Vilas asistirá o propio narrador. Ademais, participará o decano da Facultade de Filoloxía de Santiago -onde se celebrará o evento-, o presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín. Haberá un recital poético e un concerto. A entrada custará 3 euros.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS