Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

catedrático de Hª Contemporánea e candidato a reitor

Lourenzo Fernández Prieto: “Decidir entre mirar a diante ou volver atrás”

23.05.2010  Sete vicerreitorías abondan, non por demagoxia nin austeridade, di, senón por competencia e eficacia. “Non queremos gobernar sós, senón co consello de goberno, cos centros...”

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

I.C. . SANTIAGO

Lourenzo Fernández Prieto (Ribadeo, 1961) aspira a levar as rendas da USC cun equipo de sete vicerreitorías (5 menos que agora), un número, asegura, que garantirá máis eficacia. O catedrático de Historia Contemporánea asegura que o seu proxecto ten a visión necesaria do que a USC ten que ser na segunda década do s. XXI, fronte ao modelo do seu rival, no que ve unha volta ao pasado.

 

O seu equipo é máis pequeno có de Casares, ¿non lle pode restar iso atractivo?

Ao revés, está formado por persoas cunha amplí­sima experiencia, malia a crítica de xuventude que lle fai o profesor Casares, e a redución de vicerreitorías non é nin por demagoxia nin por austeridade, é por eficacia e competencia. Pó­dese gobernar máis eficazmente con menos persoas, que compartirán co conxunto da universidade o goberno. Esa é a diferenza, nós non queremos gobernar sós, senón co consello de goberno, cos centros...

 

Como encarou esta segunda parte da campaña?

O meu obxectivo é garantir unha gran coalición de ideas. A USC debe decidir se está por un modelo que mira cara a diante, que se quere construír co conxunto da comunidade universitaria, ou se acepta a lóxica de volver atrás.

 

Se gaña as eleccións, ¿que será o primeiro que faga?

O primeiro sería unha entrevista cos representantes da Xunta ao máximo nivel, espero que tamén co seu presidente, para explicarlles en que medida a universidade non é parte do problema, senón da solución. E conseguir no menor tempo posible un acordo de financiamento estable para a próxima década, que teña en conta que a USC é a única internacional e histórica de Galicia.

 

Está preparada a USC para ter un reitor nacionalista, cando na Xunta goberna o PP?

Si. O que se discute é un proxecto de universidade. O nacionalismo do candidato non ten que ver coa súa proposta. Na universidade non se fan propostas políticas, senón académicas.

 

En que debe mudar internamente a universidade?

Temos que ser máis competentes e eficaces para utilizar mellor os recursos públicos (...). Non pode haber financiamento sen obxectivos.l

 

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS