Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

eleccións

Mato faise co temón da Uvigo tras un triunfo moi axustado

21.05.2010  O candidato de Alternativa obtivo o 52,60 por cento dos votos, fronte ao 47,40% do adversario, Jaime Cabeza, de Nova Universidade

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN/DELEGACIÓN . SANTIAGO/VIGO

O novo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, no momento da súa votación, onte á mañá FOTO: Uvigo
O novo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, no momento da súa votación, onte á mañá
FOTO: Uvigo

O catedrático de Zooloxía e ex director xeral de I+D+i da Xunta bipartita, Salustiano Mato, fíxose onte co reitorado da Universidade de Vigo, nunha axustada vitoria sobre o seu contrincante, o catedrático de Dereito do Traballo, Jaime Cabeza.

Salustiano Mato, encabezando o grupo Alternativa, colleitou un total de 2.580 votos ponderados (52,60%). Jaime Cabeza, á fronte da candidatura Nova Universidade, obtivo 2.325 votos ponderados, (47,40 por cento).

En declaracións aos medios unha vez coñecida a vitoria, Mato mostrouse disposto a traballar desde o primeiro día e marcou entre as súas prioridades o plan de financiamento e o traballo no proxecto do Campus do Mar. Así mesmo, o novo reitor tendeulle unha man a Nova Universidade e asegurou que contará con esta formación para facer unha universidade "de futuro".

Pola súa banda, Cabeza admitiu estar "decepcionado" co resultado, aínda que destacou quedar coa sensación de deixar "o traballo ben feito". Ademais, manifestou o seu apoio "total" a Alternativa. "A Universidade queda en boas mans, e as mans son as de todos", indicou.

O novo reitor electo superou o seu adversario entre os doutores con vinculación permanente á universidade (394 votos, equivalentes a 1.375 ponderados), persoal do­cente e investigadores (329 , equivalentes a 257 ponderados) e estudantes (1.576, equivalentes a 747 ponderados). Unicamente foi superado por Jaime Cabeza entre o persoal de administración e servizos. Nese sector, o reitor electo obtivo 220 votos ponderados.

Jaime Cabeza cultivou entre os doutores con ligazón permanente á universidade 323 papeletas directas, que se transformaron en 1.127 ponderadas. Entre o persoal docente e investigador sumou 236 apoios, transformados ao final en 184, mentres que entre os estudantes sumou 1.527 votos directos, que ponderados caeron a 724. Tan só superou a Mato entre o persoal de administración e servizos, alcanzando 290 apoios ponderados.

O escrutinio acabou pasadas as nove da noite. A participación dos doutores foi do 90 por cento moi por riba do 56% dos docentes, o 16 por cento dos estudantes, ou ata o 75% do persoal de administración.

Estaban chamadas ás urnas 23.600 persoas. A xornada electoral transcorreu sen maiores incidentes. Ás 10.30 da mañá Salustiano Mato, exercía o seu dereito a voto na mesa electoral situada no Edificio de Ciencias Experimentais. O candidato de Alternativa Universitaria manifestaba, tras depositar o seu voto, o seu desexo de que se rexistrase unha participación masiva sobre todo no sector do alumnado. Mato, que cualificou a xornada de onte "de festa importante para a Universidade", expresaba as súas expectativas en "gañar a confianza da comunidade universitaria para gobernar a Universidade os vindeiros catro anos". E acertou nos seus desexos. No entanto, o seu contrincante declarábase ante as urnas "vocacionalmente optimista". Non se produciu, con todo, o seu desexado "cambio tranquilo".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS