Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

asamblea constituínte

O MEU "renace" para pór o estudante no centro do sistema

16.12.2010  O estudante de 3º de Medicina da USC Anxo Teixeiro saíu elixido onte voceiro nacional do novo Movemento Estudantil Universitario, que xorde con vocación de "sumar" todas as sensibilidades coincidentes coa concepción dunha universidade "pública e galega"

5.0/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Anxo Teixeiro, no centro,  co resto do equipo executivo, foi elixido onte voceiro nacional do novo MEU FOTO: AXENCIAS
Anxo Teixeiro, no centro, co resto do equipo executivo, foi elixido onte voceiro nacional do novo MEU
FOTO: AXENCIAS

Unha óptica aberta "que debe asegurar a pluralidade e achegar a corrente que hoxe nace, non contra ninguén, senón con vocación integradora e maioritaria á amplitude de estudantado galego". Con esta intención botou onte a andar o novo MEU, Movemento estudantil Universitario.

A Facultade de Medicina acolleu onte a asemblea nacional constituínte ante máis de cen estudantes. Segundo o esperado, o claustral da USC e estudante de 3º de Medicina Anxo Teixeiro saíu elixido voceiro nacional. En palabras do novo líder estudantil, "MEU nace, ou renace, con vocación de aglutinar todo o estudantado que quere afondar no carácter público e galego da universidade.

Aínda que moitos queren ver unha segunda edición da escisión que nos 90 sufriron os Comités Abertos de Facultade, os CAF, en resposta contra o que daquela se viu como deriva a un perfil político que os facía brazo estudantil do BNG, Teixeiro négao e malia recoñecer que xorde contra unha maneira de dirixir "nin aberta, nin plural nin tolerante", salienta a vontade de "sumar e non restar. No Movemento participarán estudantes doutros colectivos e mozos e mozas que proveñen de experiencias vitais e mesmo partidarias diferentes", en palabras de Teixeiro. Seis son os piares nos que se asenta o movemento - "universidade pública, única, galega, internacional, cogobernada e corresponsable"- insistindo na necesidade de colocar os e as estudantes na cerna do sistema

Amais de Teixeiro, o resto da executiva compóñena Pablo Argibay como Responsable de Finanzas; Sergio Folgueira Arias de Organización; Cristina Míguez de Acción Social; Alba Vázquez de Acción Institucional; Pablo Guimeráns de Comunicación e Millán Fernández Responsábel Nacional de Ideas.

"Galicia, o centro das demandas"

Baixo o título, Universidade, de tod@s, O MEU, teu, o acto de clausura centrouse nos retos que a universidade galega ten pendentes e das propostas que achega o MEU. Neste sentido o novo voceiro asumiu este colectivo coma un "punto de encontro de todos os estudantes que desexan unha universidade galega e pública, sen dogmatismos e asumindo a Galicia como o centro da nosa actuación e das nosas demandas". Teixeiro teimou na "necesidade de introducir ao estudantato no centro do sistema e reclamou unha nova cultura universitaria correponsable e integradora". Tamén lle reclamou á Xunta un Plano de Financiamento para o sistema universitario galego, e "que non sexamos nós quen paguemos a crise". Na clausura interviron a concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón, o profesor e membro da Executiva Nacional do BNG, Xoán Bascuas e colectivos universitarios como Universidade Aberta ou a A Trabe.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS