Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 10.14
A Axencia Catalá do Consumo impúxolle dúas sancións á Escola de Criminoloxía de Cataluña por un importe de 15.000 euros logo dunha serie de denuncias e queixas presentadas por diversos clientes acerca da publicidade enganosa e cláusulas abusivas. A primeira sanción grave, de 5.000 euros, fai referencia á publicidade utilizada pola empresa, xa que se presenta como unha entidade que ofrece unha titulación académica oficial, cando non o é, explícase nun comunicado. Doutra banda, a empresa utiliza os termos "Máster", "Diploma", "Diplomado", que dan a impresión -explica Consumo- de que os ensinos que imparten conceden títulos con validez académica, "dando a entender a equivalencia dos seus títulos cos propios dunha universidade".
A segunda sanción, de 10.000 euros, é por incluír cláusulas abusivas, entre elas vincular o contrato á vontade do empresario establecendo de forma unilateral unha indemnización por parte da empresa.
