Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

normativa

O "non presentado" pasa á historia na USC: agora contará como suspenso

16.06.2011  As convocatorias redúcense de 6 a 4, haberá que matricularse das materias pendentes do curso anterior e para empezar o último ano da carreira será obrigatorio ter aprobado todo o primeiro

1.0/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Unha nova normativa sobre permanencia nos títulos adaptados a Boloña da Universidade de Santiago de Compostela (USC) esta­blece que non presentarse a unha convocatoria pasará a equivaler a un suspenso e, xa que logo, correrá convocatoria. Só haberá excepcións para supostos "de forza maior" que impidan reali­zar as actividades progra­madas e a venia será vía resolución reitoral, segundo recolle a proposta de normativa que onte aprobou o Conse­llo de goberno da USC, aínda que co voto en con­tra dos estudantes dos Comités por considerar que lle impide ó estudante exercer un control sobre os seus estudos e organizarse á súa conveniencia.

A regulación reduce ademais, tal e como obriga o Ministerio de Educación, o número de convocato­rias: as 6 que había en di­plomaturas e licenciaturas quedan en 4 e para os másteres haberá só dúas. Enténdese que o alumno ten dereito a unha convocatoria por curso. Cando chegue á última, poderá solicitar ser cualificado por un tribunal sempre que se presentase ás tres anteriores. Nel non participará a profesora­do que o avaliou nos intentos previos.

A USC endurcerá tamén os criterios de permanencia. Así quen non supere polo menos unha mate­ria en primeiro curso, terá unha segunda oportunidade na que deberá superar polo me­nos 30 créditos, a metade dun curso estándar. Se non o logra, non poderá continuar na USC os mesmos estudos.

O novo marco obriga ademais o alumnado a matricularse no curso seguinte das materias suspensas no anterior, o que é rexeitado polos Comités porque dificulta, denuncian, compatibilizar os horarios dos dous cursos, feito especialmente grave xa que a asistencia ás aulas é obrigatorio nos graos. Amais, non se poderá matricular do último curso da carreira sen ter superadas todas as de primeiro.

Tamén rexeitan os Comités que esta normativa equipara o traballo de fin de grao co proxecto de fin de carreira. "Esta equiparación acarrexará, que para realizar o devandito traballo, sexa preciso ter superadas todas as materias da titulación", rexeitou a responsable de Campus dos Comités, Inma García Escourido, logo de recordar que este traballo é unha materia do últmo curso e polo tanto, se converte nun ano máis da carreira obrigando así a renovar matrícula.

Pero non todo se endurece. A USC permitirá matricularse a tempo parcial se conco­rren "circunstancias de or­de laboral ou persoal que así o aconsellen". Esta mo­dalidade está pensada tanto para persoas con algunha discapa­cidade como traballadores, ou con algunha outra "situación persoal excepcional".

Educación e medio nun máster

O Campus de Lugo contará o vindeiro curso co Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, unha titulación que non se imparte noutra universidade española e que atende a un sector de traballo e emprego cada vez máis demandado. A matrícula deberá formalizarse entre o 4 e o 9 de setembro.

Capacitar a educadores e profesores na alta dirección pedagóxica de actividades relacionadas co tempo de lecer, o aire libre e o contacto coa natureza e exercitalos na organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas básicas é o obxectivo principal do posgrao, que rematará cun prácticum no que se aplicarán todos os coñecementos nun contorno real. "Falamos dunha materia ata agora nula en España pero con moita presenza en EEUU e algunha menos en Europa", aclarou o seu coordinador, o catedrático de Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación da USC Eugenio Otero Urtaza, Premio Nacional de Investigación Educativa en 1990 e un dos máis recoñecidos estudosos da Institución Libre de Enseñanza.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS