Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

campus

O novo modelo de financiamento universitario estará listo en xullo

10.06.2010  Incoaranse ás contas da Xunta no 2011 ·· "Até agora vinculábanse aos ingresos, e en épocas de vacas fracas minguaban os cartos", lembra Vázquez

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, anunciou onte que o novo modelo de financiamento universitario se "rematará" en xullo, o que permitirá incorporalo ás contas da Xunta o próximo ano, todo iso despois de que, neste momento, xa exista consenso en catro aspectos diferentes.

Concretamente, en resposta ó deputado do PPdeG Román Rodríguez, o dirixente autonómico explicou que xa hai consenso nos principios do plan de financiamento, antecedentes, estrutura, dimensións e sobre os indicadores dese plan. Así mesmo, avanzou que a próxima reunión da comisión que redacta o plan de financiamento, que xa se reuniu outras tres veces, terá lugar en xullo e nela definiranse os obxectivos do plan, seleccionaranse entre 15 e 20 indicadores e desenvolverase a regulamentación para o control e seguimento orzamentario. "Será un plan de financiamento moderno, flexible, realista e que servirá ás universidades galegas a ser máis competitivas", recalcou Jesús Vázquez, quen sinalou que se buscará a "competitividade" das universidades. Neste punto, recordou que ata agora o plan 2005-2010 estaba vinculado aos ingresos, o que minguaba o financiamento das universidades en épocas de recesión económica.

Doutra banda, o conselleiro de Educación e a parlamentaria do BNG Carme Adán mantiveron onte unha disputa sobre a participación dos centros educativos no proxecto Abalar, que pretende a modernización do ensino coa incorporación de computadores e novas tecnoloxías no ámbito educativo.

Así, Carme Adán acusou de discriminar aos colexios públicos na participación deste programa.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS