Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

consello de Universidades

O novo plan de financiamento universitario, sen cambios

11.12.2010  As contas do ano que vén reproducen as actuais e amplíase a xullo o repartimento do 2012/15

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Os conselleiros Vázquez e Fernández, esq., presidiron o Consello FOTO: efe
Os conselleiros Vázquez e Fernández, esq., presidiron o Consello
FOTO: efe

O próximo 1 de xaneiro en­trará en vigor o novo Plan de financiamento pluri­anual das universidades galegas para o período 2011-2015, aínda que o máis correcto sería falar dun modelo de transición que se aplicará durante o ano a piques de empezar, no que se seguirán negocian­do os criterios de repartición de fondos para os catro anos seguintes.

O Consello Galego de Universidades abordou onte as bases para este novo plan nunha sesión mara­toniana que continuaba ó peche desta edición coa análise do Plan galego de I+D+i. Malia a información favorable e sen ningún voto en contra, a Universidade da Coruña amosou a súa desconformidade. Se­gundo explicaron fontes da Universidade da Coruña (UDC), a Xunta non avanzou ningunha cifra global dos fondos correspondentes ó período 2012-2015 e tam­pouco se pechou o catálogo dos criterios para o seu repar­timento. Estas pautas seguiranse negociando en futuras re­u- nións, que poderán pro­longarse, como moi tarde, ata o 31 de xullo de 2011.

O debate sobre a estratexia económica da universidade galega desen- volveuse, polo menos ata onte, lon- xe do alto ton reivindi­cativo da negociación dos dous plans pluria-nuais anteriores. En plena crise económica, a universidade librouse do recorte dos presu­postos da Xunta para 2011, un indulto que xustificaría en parte os ánimos máis acougados dos reitores.

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), José María Barja, recorda que a súa institución leva xa tempo apertando o cinto e é o que adoptou un ton máis vehemente. A UDC considérase discriminada por un sistema que ata agora, opina, primou os criterios históricos, é di­cir, á USC que hai agora 20 anos se tripartía coa creación das universidades da Coruña e Vigo.

Pero Santiago está lonxe de sen­tirse privilexiada. No ano 2004 o seu daquela reitor, Senén Ba­rro, mostrábase desconforme co plan de financiamento que a levaría a­ta o final da década e advertía de que tería que desviar fondos de calidade para cubrir gastos co­rrentes. A Consellería de Edu­cación, con todo, calculaba que lle permitiría chegar co su­perávit a 2010.

Foi Barro o que máis se achegou á realidade cos seus vaticinios. Hoxe, a USC conta cun dos selectos selos de Campus de Exce­lencia Internacional concedidos polo Go­berno central, gra­zas en boa medida á repercusión da súa in­vestigación biomédica. O novo plan será o primeiro en computala neste apartado, pero a USC acumula tamén unha lista de infraestruturas docentes e investigadoras estratéxicas pendentes, como as novas facultades de Me­dicina e Odontoloxía, cuxo fi­nanciamento segue sendo unha incógnita.

O novo reitor da USC, Juan Ca­sares Long, afástase do ton combativo do seu predecesor, opta por cinguirse á rea­lidade e anuncia que, a diferenza dos de 2010, os orzamentos da institución para 2011 non re­correrán á débeda.

Desde a Universidade Vigo, o tamén novo reitor, Salus­tiano Mato, deu un paso máis aló en diplomacia académica e recoñeceu que a conxelación de finan­ciación universitaria en 2011 é unha boa noticia.

A pesar de empregar o mesmo ton tranquilo, entre a USC e a Universidade de Vigo hai unha diferenza substancial. A vinteleira institución vigue­sa vive un momento doce tras conseguir hai unhas semanas o mesmo selo de Excelencia Inter­nacional da USC para o seu Cam­pus do Mar, pero a súa situación económica está moi lonxe da compostelá. As "hipotecas" da vella Fonseca superan os 70 millóns de euros.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS