Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

CHAMAMENTO

A polémica Lei da ciencia entra hoxe na recta final para a súa aprobación

03.05.2011  A Federación de Jóvenes Investigadores/Precarios tenta convencer os senadores de que emenden o proxecto, para que sexa máis restritivo de cara ó uso de bolseiros como auténtica forza de traballo

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

A Federación de Jóvenes Investigadores/Precarios emitiu un comunicado a propósito da inminente aprobación no Senado da nova Lei da ciencia. Neste sentido, apuntan, "consideramos que está a piques de perderse unha oportunidade única para mellorar o sistema de I+D+i deste país. No capítulo de recursos humanos da Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación (LCTI), as emendas introducidas pola Comisión de Ciencia e Innovación do Senado o xoves pasado non garanten nin a fin das bolsas que encobren postos de traballo nin a estabilización dos que xa demostraron o seu talento investigador".

Hoxe, o pleno do Senado procederá, con case total seguridade, a aprobar unhas últimas emendas, e devolverá o proxecto de lei ó Congreso, e, ó ver de FJI-Precarios, "a oposición do Grupo Socialista" segue deixando a porta aberta a que "fundacións e entidades privadas sigan perpetuando a figura do bolseiro investigador, a pesar de que si se recolla a necesidade de contratar investigadores por parte de organismos públicos".

Para a FJI "é de especial relevancia a cantidade de axudas fraudulentas que estas entidades convocan [...] sancionadas en repetidas ocasións pola Inspección de Traballo e a Seguridade Social. Esta postura contradí as recomendacións propostas para a reforma do Pacto de Toledo o pasado mes de xaneiro no Congreso. Ademais, a lei permite que os investigadores predoutorais cobren moi por baixo do establecido nos convenios colectivos de categorías equivalentes, sendo as retribucións moi inferiores ata ás dos contratos en prácticas".

Ademais, agregan, "os investigadores máis veteranos tampouco se salvan, a nova modalidade de contrato de acceso segue sen garantir o mesmo. Non garante que os centros dispoñan de prazas suficientes para os investigadores, a pesar de superar repetidas avaliacións durante cinco anos. Chama a atención a contradición que supón que, ante unha recentemente anunciada estratexia para acabar co traballo somerxido, que pretende, entre outras cousas, aumentar o número de cotizacións á Seguridade Social, sigan aprobándose leis que perpetúan o status quo do bolseiro que non cotiza, e se perpetúen prácticas contrarias á creación de emprego estable. Resulta paradoxal que coincidindo coa celebración do 1 de Maio, Día Internacional dos Traballadores, sexa o Grupo Parlamentario Socialista quen siga negándose a garantir unhas condicións laborais dignas para todos os investigadores"..

"IN EXTREMIS"

"Pedímoslles ás súas señorías que non desaproveiten esta oportunidade histórica e o vindeiro martes (por hoxe) aproben o paquete de emendas defendido pola FJI e que suporía un grande avance na calidade da investigación española", conclúen os mozos investigadores.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS