Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

convocatoria

O primeiro filtro da excelencia sábese hoxe

08.07.2010  O Ministerio de Educación desvelará este mediodía as vinte candidaturas que pasarán á segunda rolda do programa

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Este mediodía os proxectos Campus do Mar "Knowledge in depth" da Universidade de Vigo e mais Tecnologías para a Sostibilidade Económica, Social e Medioambiental da Universidade da Coruña vivirán a súa primeira proba de lume na súa competición por acadar a mención de Campus de Excelencia Internacional do Ministerio de Educación. O secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, desvelará as 20 candidaturas, de entre as 50 presentadas, que superen a primeira fase da convocatoria.

No caso superar este primeiro filtro, disporán ata finais de setembro para preparar unha proposta máis detallada do proxecto que será avaliada por unha comisión internacional a finais dese mes ou principios de outubro.

Na súa primeira reunión onte co presidente da Xunta, o novo reitor olívico, Salustiano Mato, agradeceulle a Núñez Feijóo o apoio da Xunta ó proxecto, e ambos amosáronse optimistas sobre a resolución que se coñecerá hoxe.

Esta candidatura liderada pola UVigo, xunto coas universidades de Santiago, A Coruña e os organismos públicos de investigación, ten como obxectivo nuclear toda a sociedade de Galicia ao redor do seu potencial docente e investigador no ámbito do mar, cun forte compoñente transfronteirizo mediante o establecemento de vínculos estreitos coas universidades do Norte de Portugal e aberto ó exterior, nomeadamente a América Latina e África.

O Campus Vida, da USC, abriu o camiño ó gañar na primeira convocatoria o ano pasado.

DATOS DE INTERWERW

Mato pide financiar por resultados

Amais de Campus do mar, o primeiro contacto institucional entre o novo reitor da UVigo e o presidente autonómico centrouse no financiamento. Así, Mato, expúxolle ó presidente a necesidade de fomentar un contrato programa por obxectivos, de forma que as institucións académicas reciban fondos en función dos seus resultados e se evite premiar a ineficiencia. Así llo transmitiu no transcurso dunha reunión celebrada o martes en Monte Pío, nun encontro no que abordaron algunhas das cuestións que Mato considera "prioritarias" na relación entre ambas as dúas institucións, entre eles o contrato programa e o apoio ao Campus do Mar.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS