Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

tirapuxa

PSdeG: o plan de investigación é o "camiño da catástrofe"

17.02.2011  Recrimínalle á Xunta que o novo programa retrocede á época de Fraga e aprema os científicos a traballar para empresas de fóra

4.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O PSdeG solicitou a comparecencia no pleno do Parlamento autonómico do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, para explicar o novo plan de investigación da Xunta que, ao seu ver, non aposta pola incorporación de novos investigadores e sitúa a Galicia "camiño da catástrofe".

Anunciouno o voceiro de Economía, Industria e Innovación do Grupo Parlamentario dos Socialistas, José Luis Méndez Romeu, moi crítico co plan recentemente presentado en sociedade e que, na súa opinión, ten "os mesmos defectos" dos oito "plans anteriores" presentados pola "prolífica" Xunta: "moita retórica e vaguedades, e poucos datos". Nunha roda de prensa celebrada na Cámara galega, alertou de que este plan "non se corresponde" coas necesidades da empresa, da universidade e dos centros de investigación especializados. "Pon a Galicia un rumbo moi escuro", insistiu, cunha investigación e unha empresa "cada vez menos competitivas" e un equipo de investigadores abocados a traballar "para empresas de fóra".

Méndez Romeu denunciou que o plan acumula "dous anos de atraso" e supón "unha regresión" aos niveis investigadores "da Xunta de Fraga" despois do "punto de inflexión" que supuxo o Plan Incite, impulsado polo anterior Goberno bipartito. O documento presentado polo presidente Alberto Núñez Feijóo e por Guerra ten, lamentou, un "perfil moi baixo".

Ao tempo, alertou do "irreal que supón fixarse como obxectivo" destinar a I+D o 2% do PIB en 2015 e o 3% en 2020 cunha participación do sector privado do 75%. A xeito de exemplo, esgrimiu que en 2005 o investimento en I+D era do 0,87% do PIB, porcentaxe que o bipartito "elevou ata o 1,04%" en 2008, e que agora o PP "volveu reducir" ata o 0,96% en 2010.

Na súa intervención ante os medios, Méndez Romeu advertiu de que, a pesar de que a Xunta defende captar investigadores de prestixio "non explica como" e remarcou que, do mesmo modo, fala de "consolidar" grupos de investigadores, pero, non obstante, "recoñece que actualmente hai 600 e só anticipa a consolidación de ao redor de 300".

"Nada se di dos instrumentos nin dos 300 grupos restantes que quedarían fóra do sistema", lamentou o deputado socialista, antes de destacar a "dificultade" coa que se atopará un doutorando para desenvolver a súa carreira científica en Galicia a día de hoxe, mentres que o bipartito, recordou, "chegou a contratar 500 investigadores".

PPdeG: industria e campus xuntos

O voceiro popular de Industria, Pedro Arias, lamentou as críticas do socialista José Luis Méndez Romeu, ás que lles apuxoa "a moita retórica, moitas vaguidades e poucos datos". Segundo Arias, os socialistas son "os menos indicados" para criticar posto que, alegou, o bipartito "careceu de política de investigación e desenvolvemento", ademais de dispersar os organismos. Pola contra, a política de investigación do PPdeG baséase nunha concepción "global e integrada" da creación científica e o desenvolvemento técnico con estímulo "tanto ás empresas coma ás universidades, polas esenciais e complementarias".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS