Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 10.14
![]() |
| O catedrático de enxeñería química e candidato á reitoría da USC Juan Casares Long FOTO: RAMÓN ESCUREDO |
"Non son do PP". O candidato a reitor Juan Casares Long -foi director xeral da Consellería de Medio Ambiente na etapa de Manuel Fraga como presidente da Xunta-, respondeu directamente á directísima pregunta que lle lanzou un dos internautas que onte o entrevistaron no encontro dixital que o Grupo Correo Gallego está mantendo cos sete candidatos á cadeira da USC.
O catedrático de enxeñería química teimou nos puntos cardinais do seu programa de goberno - transparencia, diálogo, participación e compromiso- , pero con cambios.
Nuns comicios, que supoñen o ocaso das plataformas de profesorado apoiando a un candidato concreto, Casares Long volve presentarse como independente -hai catro anos foi o primeiro en facelo- e considera esta circunstancia como un valor engadido. "Estou seguro de que a comunidade universitaria será capaz de recoñecer a quen se presenta como independente e quen verdadeiramente o é", sentencia.
Durante algo máis dunha hora, Casares respondeu 39 preguntas expostas por distintos membros da comunidade universitaria, que o 5 de maio está chamada a votar para elixir o seu máximo representante. Ó seu xuízo, a súa é unha opción que "trata de traer aire fresco, ilusión, desexos de incorporar a todos de xeito real na vida cotiá da nosa universidade e un compromiso de moito traballo, sempre mirando cara adiante", sinalou
Referiuse ó labor que desenvolveu na oposición durante os últimos catro anos como "un esforzo persoal moi notable, pero moi satisfactorio" e, a pesar da súa condición de "reincidente", sinalou que o seu programa non será o mesmo que en 2006. "A realidade de hoxe non é a de hai catro anos, por iso o programa muda con respecto ao daquela, sendo moito máis preciso nas liñas de actuación e nas medidas concretas para aplicar", respondeu a outra cuestión.
O candidato tamén se mostrou partidario, entre outras cuestións, de "abrir canles de comunicación" directa cos alumnos e reprobou "a visión utilitarista da ciencia".
Axenda
Luns 19
Lourenzo Fernández Prieto
(12.00h.)
Mercedes Brea (18.00h.)
Mércores 21
Pilar Bermejo (11.00h.)
Xoves 22
Juan Varela Durán (11.00)
Venres 23
Laura Sánchez Piñón
(18.00h:)
Só caben os bio-alumnos?
"Na USC cabemos os estudantes de humanidades e ciencias sociais ou só os de ciencias biolóxicas?", preguntáronlle. "A sociedade global propón retos non só tecnolóxicos, senón tamen sociais e culturais e unha visión utilitarista da ciencia é unha redución que eu non apoio", dixo.
Revisión das "unis" a fondo das unis unis
"A universidade non ten máis misión que proporcionar un beneficio social. Todo o que tenda a mellorar ese beneficio ten cabida. Todo o que só supoña beneficio económico sobra. O noso programa contempla a revisión do tramado empresarial da USC".
Problemas co máster docente x
"No meu programa inclúo unha referencia expresa ó problema do máster docente", respondeu á pregunta dun estudante, que lle lembrou o compromiso a apoiar o recurso de 100 alumnos de historia.
E o campus de Lugo?
"Campus Vida deixou fóra moitas cousas e Veterinaria é un exemplo . O proxecto Campus Lugo 2015 é máis do mesmo, un proxecto do que está case todo por definir". Casares tamén pon o dedo na falta de transporte para chegar alí.
