Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

TRANSFERENCIA

A sanidade busca sinerxias co Campus Vida

17.03.2010  A USC ‘vende’ o seu proxecto estrela

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Os principais axentes do sector das ciencias e tecnoloxías da vida aplicadas á saúde reuniranse hoxe arredor do proxecto Campus Vida, co obxecto de establecer sinerxias entre os ámbitos académico, sanitario e industrial. Á xuntanza, que comezará ás 10.00 horas no Centro de Estudos Avanzados, asisten representantes das principais empresas do sector biofarmacéutico de España como Zeltia, Faes Farma, Progenica, Advancell, Glaxo ou Ferrer, xuntos cos responsables dos complexos hospitalarios de Santiago, A Coruña e Vigo, os directores dos institutos de investigación biomédica de Galicia, responsables de I+D e do Servizo Galego de Saúde.

O reitor Senén Barro recibirá os asistentes e vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso, presentará as claves de Campus Vida. Deseguido, o director do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago, Carlos Diéguez, falará sobre a integración e coordinación da investigación biomédica, ao que lle seguirá o director de Operacións de I+D de Laboratorios Esteve, Eduard Valentí, que exporá a experiencia de colaboración da súa empresa coa USC.

A xornada clausurarase coa intervención do director do Instituto de Investigacións Sanitarias IDIBAPS-Hospital Clinic e Premio Nacional de Investigación, Joan Rodés.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS