Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

LEI

O Senado aparca a ideoloxía e prima o "beneficio da ciencia"

29.04.2011  Introduciron por unanimidade 45 novas emendas no proxecto proposto polo Goberno

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE

O Senado acordou onte por unanimidade introducir 45 novas emendas ó proxecto de Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, entre elas unha na cal se insiste na necesidade de que o Goberno cree no prazo máximo dun ano a Axencia Estatal de Investigación coa aprobación do seu estatuto. O texto foi aprobado na Comisión de Ciencia e Innovación, na cal os senadores de todos os grupos valoraron o consenso existente ó redor deste proxecto de lei, que segundo fontes parlamentarias, podería ir ó pleno do Senado o vindeiro mércores. Os grupos na Cámara Alta presentaron no seu día un total de 221 emendas ó texto aprobado no Congreso.

Onte acordaron introducir 45, das cales 15 son emendas transaccionais e 30 emendas dos grupos (15 do PP, 6 de CiU, 5 do Grupo Parlamentario Senadores Nacionalistas e 4 de Entesa Catalá de Progrés). Entre as transaccionais aprobadas, incorporouse unha sobre o Instituto de Astrofísica de Canarias e a importancia de que o seu director sexa un astrofísico de recoñecido prestixio internacional.

Outra das transaccionais admitidas está relacionada coa avaliación que deben superar os investigadores contratados. Neste sentido, o Senado aprobou un texto sobre a base dunha emenda do PP e outra de CiU, segundo a cal se fan extensibles algúns dos dereitos e requisitos para a contratación do persoal investigador dos programas Ramón e Cajal e Miguel Servet do Ministerio de Ciencia e Innovación. O proxecto de lei inclúe tres modalidades de contratación, unha delas o contrato de acceso ó sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación (de duración determinada).

Nos procesos selectivos de persoal laboral fixo convocados por universidades públicas, organismos públicos e administracións, a avaliación superada no contrato de acceso ó sistema español de ciencia terase en conta ós efectos da súa valoración como méritos investigadores en ditos procesos selectivos. Precisamente, agora, isto faise extensible ós investigadores dos programas Ramón e Cajal e Miguel Servet.

A maioría das emendas aprobadas onte son de mellora técnica ou gramatical do proxecto de lei. Non entrou, por exemplo, unha emenda do PP para que exista concordancia entre o número de contratos de acceso que ofrece unha institución e os postos laborais fixos que logo se convocan (isto si está xa recoñecido na lei para os Ramón e Cajal).

Todos os grupos mostraron satisfacción polo traballo levado a cabo e o convencemento de que de aquí a que se celebre o pleno que discutirá e votará a lei haberá novos acordos. Antonio Alarcó, do PP, mesmo falou do compromiso do Senado coa ciencia, onde a ideoloxía se aparcou e "primou o beneficio da ciencia".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS