Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

lei de ciencia

O status do investigador bolseiro desaparece no 2012

24.01.2011  A nova norma podería estar aprobada en marzo ·· No 2010 alcanzáronse "máximos históricos" grazas ás achegas de varios mecenas

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

A ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, espera que a futura normativa de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, agora en fase final do seu trámite parlamentario, sexa aprobada este próximo mes de marzo e con ela, a desaparición do status de "bolseiro" ao comezo da carreira científica dos investigadores, a partir de 2012.

A titular de Ciencia especificou que a supresión desta primeira escala científica dependerá da tramitación parlamentaria, agora en curso, porque o anteproxecto de lei xa o recolle a partir de 2012. É máis, aclarou que, se se aproba como tal, terá efecto a partir desta data porque moitas das convocatorias son de carácter plurianual. Respecto da futura Axencia Estatal de Investigación, deseñada como axente de financiamento e xestión dos programas no proxecto de lei, Garmendia mostrou o seu desexo de que sexa aprobada para finais de 2011 ou principios de 2012. "Será un gran instrumento para o sistema científico español e estamos analizando todos os modelos internacionais de éxito. Queremos que sexa unha grande axencia", puntualizou. Neste sentido, detallou que a súa creación suporá a conversión dunha das direccións xerais do ministerio en axencia, de forma que o seu departamento seguirá traballando nas políticas en materia de I+D, pero non xestionará de xeito directo os orzamentos. En materia de gobernanza do sistema científico, recollida tanto no proxecto como nas máis de 450 emendas que se presentaron á normativa, Garmendia indicou que é "responsabilidade de todos" contar cunha estratexia científica aliñada entre as 17 comunidades autónomas e a Unión Europea. Dentro do paquete de emendas presentado polos nacionalistas vascos, destaca unha que pide o recoñecemento na Lei da transferencia da I+D+i a Euskadi.

Retos para o 2015

Os retos en materia de innovación que contempla o Estado español para 2015: incrementar en 6.000 millóns de euros o investimento privado en I+D+i, incorporar 40.000 novas empresas, así como 500.000 postos de traballo de media e alta tecnoloxía. Ademais, Garmendia destacou que en 2010 alcanzáronse "máximos históricos" grazas á achega "singular" dalgúns mecenas españois. "Recibíronse dúas actuacións de mecenado que probablemente de forma unitaria sexan as maiores de Europa e isto é algo que se deu, e deuse en España, e deuse dúas veces no mesmo ano. E isto témolo que apoiar", apreciou, á vez que sinalou o seu desexo por que a Lei de ciencia recolla unha normativa de mecenado que favoreza este tipo de achegas.

 

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS