Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

FINANCIAMENTO

Taxas segundo a renda

27.04.2010  O Ministerio de Educación planea que as matrículas da universidade se aboen en función das posibilidades económicas, pero non será antes do ano 2013

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE . MADRID

O ministro  de Educación, Gabilondo, onte antes de presidir a reunión da Conferencia Xeral de Política Universitaria FOTO: ZIPI/EFE
O ministro de Educación, Gabilondo, onte antes de presidir a reunión da Conferencia Xeral de Política Universitaria
FOTO: ZIPI/EFE

O Goberno argalla que as taxas universitarias se paguen en función da renda dos alumnos, pero descartou calquera cambio nese sentido antes do ano 2013.

Así o asegurou onte o titular de Educación, Ángel Gabilondo, quen avogou por fixar no futuro unha cantidade económica para que os alumnos que teñen posibilidades "aboen o prezo dunha matrícula dun modo razoable", pero tamén para conseguir que ninguén quede sen ir á universidade porque non ten medios económicos", polo que será necesario, dixo, "reforzar o sistema de bolsas".

"Isto significa que non sempre persoas que teñen moitos medios económicos deben recibir o financiamento de todos os cidadáns, moitos dos cales non poden ir á universidade", observou o ministro, e engadiu: "Non se lles poden pedir esforzos a persoas que non teñen medios para que persoas que si os teñen non teñan que pagar a universidade".

Gabilondo fixo estas declaracións tras unha reunión de reitores e representantes das comunidades, e antes de presidir a Conferencia Xeral de Política Universitaria.

En ambas as reunións debateuse sobre o novo modelo de financiamento universitario, o futuro Estatuto do Estudante, e a estrutura e o concepto do doutoramento.

O ministro insistiu en non disociar o debate sobre as taxas universitarias do relativo ás bolsas nin do relativo ó rendemento escolar ou académico ou do futuro sistema de financiamento universitario. "O que nos interesa é que ninguén, pola súa capacidade económica ou social, quede fóra dos estudos", dixo Gabilondo, pero apuntou que "para iso, hai outros que si teñen máis facilidade para poder pagar o importe dos seus estudos".

O ministro defendeu o esforzo público para custear a educación, "pero queremos sobre todo favorecer ó que ten máis necesidade", e defendeu por iso incrementar as bolsas, tanto en cantidade como en modalidade.

Defendeu como exemplo a posibilidade de que unha bolsa permita compatibilizar estudos universitarios e traballo.

"Se todos os cidadáns, moitos dos cales non poden ir á universidade, están colaborando con esforzos, para que haxa xente que estude, o que temos que pedir ó que ten o privilexio ou o dereito de estudar é que responda tamén ó esforzo que facemos todos", dixo.

En calquera caso, segundo Gabilondo, ningunha medida destas características entraría en vigor antes do ano 2013, e descartou con rotundidade unha subida de taxas en función da renda a partir do próximo curso. Así, aclarou que o horizonte temporal co que se está expondo a UE a revisión do modelo de financiamento universitario sitúase no ano 2020, aínda que con prazos intermedios que situou no ano 2013 e no 2015.

 

Doutoramentos europeos e con vistas ó emprego

Amais do financiamento, "analizamos informes sobre os doutoramentos, de cara a analizar a súa estrutura e duración, para darlle o estilo europeo", apuntou Gabilondo, que avanzou que o seu departamento perseguirá o seu recoñecemento "non só académico, senón social" e dirixido á empregabilidade.

Estatuto do estudante

O Ministerio de Educación conxuntamente co Consello de Universidades e a Conferencia Xeral de Política Universitaria -que reúne os reitores e os representantes educativos das comunidades- aprobaron onte o novo Estatuto do Estudante Universitario, para garantir a participación do alumnado na política e na xestión universitaria.

Segundo informa o ministerio, impulsarase a creación dun Consello de Estudantes do Estado que permitirá que os alumnos conten cunha "canle directa" de representación estatal, semellante ó que teñen os reitores e as autonomías a través do Consello de Universidades. Deberá recibir o informe favorable do Consello de Estado e, con posterioridade, do Consello de Ministros onde será aprobado "de forma definitiva".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS