Venres 03.09.2010  | Actualizado 10.39      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Aulas  |  RSS - Aulas RSS

recoñecemento

Tres de cada cinco licenciados excelentes son mulleres

08.04.2010 Educación entregoulles onte o premio Fin de Carreira a 62 alumnos que acadaron unha media de 2,7 puntos no expediente ·· Deles, 34 realizaron os seus estudos superiores na Universidade de Santiago, 15 na da Coruña e 13 na de Vigo ·· O galardón está dotado con 3.500 euros

5.0/5 [3 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O presidente Núñez Feijóo, no centro, cos licenciados galardoados co premio Fin de Carreira FOTO: CONCHI PAZ
O presidente Núñez Feijóo, no centro, cos licenciados galardoados co premio Fin de Carreira
FOTO: CONCHI PAZ

Un total de 62 alumnos das tres universidades galegas recolleron onte o Premio Fin de Carreira correspondente á promoción que terminou os seus estudos o pasado curso 2008-2009 e que acadaron unha media superior a 2,7 puntos ou 2 puntos no caso dos ensinos técnicos. O 65% deles, que recibirán 3.500 euros polo seu brillante expediente, son mulleres.

Explicouno onte o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, quen participou nun evento que, segundo destacou, convocou o maior número de premiados desde a implantación deste galardón, no ano 1990. En total, houbo 143 solicitudes e, segundo Vázquez, entre os alumnos distinguidos hai "unha boa representación" das tres universidades da comunidade.

Así, 62 alumnos distinguidos, 34 realizaron os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela (USC), 15 na Universidade da Coruña (UDC) e 13 na de Vigo (UVigo).

Tras recoller os galardóns, que entregaron o conselleiro e os reitores da UDC, José María Barja, da USC, Senén Barro, e da UVigo, Alberto Gago, e recibir o "parabén" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañada dun apertón de mans, unha das alumnas premiadas subiu de novo ó estrado para agradecer o "agarimo e apoio" recibido a pais e profesores.

A continuación, en representación dos tres reitores, que tamén recibiron unha mención polo seu labor, interveu Senén Barro, quen reclamou ós premiados que sigan esforzándose "por ser sobresalientes" e que o fagan "polo ben" de Galicia. "Necesitámosvos, pídovos máis e pídonos máis tamén a nós, á Universidade e ás administracións públicas, sobre todo á galega", advertiu.

Pola súa parte, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou o acto para reiterar o seu chamamento ás tres universidades galegas para que cooperen e "aproveiten sinerxías", para avanzar cara a un sistema universitario galego "máis forte e competitivo, que se proxecte cara ao exterior, que ofreza a mellor formación posible aos nosos alumnos e desenvolva un sistema sólido de I+D+i que sexa, ademais, piar da economía de Galicia".

Ós mozos pediulles traballar a prol da "modernización e do futuro de Galicia". "Precisamos da vosa implicación no proxecto colectivo de mellorar" a comunidade.

"Queremos galego"

Coa camiseta de "Queremos galego", en contra da política lingüística da Xunta, María Irene Sánchez subiu a recoller o premio e saudou a Núñez Feijóo, que teimou na importancia de saber idiomas.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS