Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

cartos para o ensino superior

Un 30% dos fondos dos campus no 2015 daranse por bos resultados

12.12.2010  O novo plan de financiamento universitario establece como obxectivo chegar a conseguir o 1,01% do PIB galego no seu último ano

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, asegurou que no ano 2015 "un 30 por cento" dos fondos destinados para as universidades galegas se repartirán baseándose en boas prácticas, actuacións de eficiencia e resultados, malia que aínda non se concretaron cáles serán os indicadores para a repartición do 5 por cento do fondo estrutural -que supón o 90 por cento do presuposto- que será variábel a partir de 2012 en función destes criterios, e que se negociará de aquí a xuño do ano 2011.

En declaracións aos medios, Jesús Vázquez referiuse ao plan de financiamento do Sistema Universitario de Universitario de Galicia (SUG) 2011-2015 presentado este venres, para agradecer o "esforzo e a colaboración" dos equipos rectorais das tres universidades despois de nove meses "intensos" de negociación para conseguir "un grande acordo", que definiu como "un fito histórico".

Así mesmo, a vella reivindicación do 1% do produto interior bruto (PIB) autonómico aos campus aparece ao fin recollida no plan de financiamento, aprobado con 8 votos a favor e 4 abstencións (unha da Universidade da Coruña) no Consello Galego de Universidades do venres pasado, establece como obxectivo chegar en concreto ao 1,01% do PIB galego no seu último ano de vixencia.

A Xunta negouse en 2004 a recoller este obxectivo no plan a piques de expirar, a pesar da insistencia dos reitores e do Consello Económico e Social. Esta vez o Executivo, tamén popular, comprometeuse a alcanzar un limiar co que cre que asume o acordo no que o Parlamento o instaba para garantir a converxencia progresiva do financiamento público dos campus coa media estatal.

Na comparativa española Galicia sae mal parada: en 2008, dedicoulle ás universidades o 0,74% do seu PIB, unha media de 142 euros por habitante, fronte ó 1,04% do PIB en Andalucía (187 euros por persoa). Pero pese ó avance que supón falar do 1% como horizonte para os próximos catro anos, Galiza queda lonxe do reto do Ministerio de Educación na súa Estratexia Universidade 2015, que fixa o 1,5% do PIB "como obxectivo de suficiencia financeira a alcanzar". Xunto a isto, un cinco por cento do fondo estrutural repartirase cada ano -a partir de 2012 e ata 2015-en función de resultados, de forma que ao rematar este período, un 30 por cento dos fondos que recibirán as universidades estean baseándose en "resultados, eficiencia e boas prácticas". Segundo resaltou o conselleiro, este novo plan supón "un cambio de filosofía respecto ao anterior", na medida en que "vai tratar de primar a eficiencia e a concorrencia competitiva das universidades". Así, asegurou que se trata dun plan "moi completo" no cal o fondo estrutural se manterá en 2011 respecto aos criterios "históricos" e suporá o 90 por cento do presuposto, de modo que a Xunta "blinda" os presupostos para 2011 "a pesar da crise". A repartición do financiamento durante o ano 2011, suporá un 43,3 por cento da contía para a Universidade de Santiago de Compostela, un 29,7 por cento para a institución viguesa e algo máis dun 27 por cento para a súa homóloga coruñesa.

DATOS

Comisións de seguimento

Este plan de financiamento levará ao Consello de Goberno "nas próximas semanas", en canto cheguen os informes preceptivos, onde se establece unha comisión de seguimento que irá avaliando a súa execución ano a ano, así como unha comisión de traballo que "terá que presentar cada ano" dez medidas de racionalización de gasto e de compartimento de recursos entre universidades.

Nesta liña, resaltou que "a inmensa maioría" dos presentes na negociación "mostraron a súa conformidade e o aplauso á Consellería de Educación polo grande acordo", segundo dixo o conselleiro, "como así demostrouse na votación" na que houbo oito votos a favor e catro abstencións.

A preguntas dos xornalistas sobre a postura da Universidade de Santiago de Compostela reacia á repartición por resultados, Jesús Vázquez apuntou que cada universidade ten un peso diferente, polo que valorou "a cesión" de cada un dos equipos reitorais para chegar a un acordo, xa que segundo dixo, se se mantivese o antigo plan de financiamento a universidades "recibirían en torno 40 millóns menos".

INTEGRADO

Fondo de nivelación

Segundo Vázquez, que de aquí ao mes de xuño perfilaranse cáles serán os indicadores cos que se repartirá a parte variable do fondo estrutural, "sen que iso afecte ao fondo de nivelación" integrado no estrutural. Así, resaltou que "de aquí a 2015 repartiranse máis de 2.100 millóns de euros" entre as tres universidades galegas, pendente aínda de como se fará a repartición da parte variable. Todo iso co obxectivo de que o Sistema Universitario de Galicia consiga máis do un por cento do Produto Interior Bruto no 2015. Así mesmo, destacou que "se"fai un aceno a universidades da Coruña e Vigo" para "dar un pequeno respiro", xa que o que antes era o fondo de nivelación "se integra no fondo estrutural pero eses seis millóns de euros seguirán manténdose na mesma proporción". En concreto, a UDC recibirá en torno a 3.500.000 euros, e a UVigo uns 2.500.000 euros, e segundo dixo "non suporá perdas" para estes centros.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS