Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

laboral

A USC convocará as cátedras para os 50 acreditados

29.07.2010  O primeiro Consello de Goberno de Casares Long acorda sacar as prazas entre este ano e os primeiros meses do que vén

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

R.LIZCANO

O primeiro Consello de Go­berno da Universidade de Santiago (USC) presidido polo novo reitor, Juan Casares Long, sentou as bases para re­conducir a reclamación da promoción a cátedras. Segundo explica Carmen Fer­nández Morante, vicerreitora de Persoal Docente e Investigador, a reunión do martes fixou unha folla de ruta para dar saída á bolsa de profesores acredi­tados pola Aneca (Axen­cia Nacional de Avaliación e Acreditación) para acce­der a cátedra e pendentes de ascenso e redactou a norma que rexerá na USC para a promoción de acreditados no futuro.

O colectivo de acredita­dos -algo máis de 50 docen­tes- mantivo no último ano unha tensa rela­ción co anterior equipo reitoral. Os profesores de­nunciaron que o atraso na redacción dunha nor­mativa propia que regulase o acceso a praza tras o in­forme positivo da Aneca estaba favorecendo a acu­mulación dunha bolsa de profesionais sen opcións claras de promoción.

Tras a substitución no reito­rado, o problema abor­darase en dúas partes: por unha banda daráselles resposta ós acreditados acumulados con dúas convocatorias ex­cepcionais que habilitarán as ao redor de 50 prazas necesarias e, por outro, defínese o marco normativo que rexerá o acceso dos seguintes acreditados (da orde de 7-10 cada mes).

De acordo co com­promiso asumido por Cas­ares na campaña eleitoral, a primeira oferta realizarase a finais de ano e a segunda na primeira metade de 2011. No acceso, indicou onte Carmen Fer­nández Morante, pri­marase a antigüidade da acreditación e a maiores de 63 anos.

En canto á normativa de acceso, a USC acordou unha convocatoria anual de cátedras, que se axustará en número ó pre­suposto dispoñible. Así ­mesmo, explicou Fernández, establecéronse criterios de prioriza­ción, orientados a favorecer a paridade entre sexos, campus e áreas do coñecemento. O obxectivo, apunta, é facilitar a promo­ción e "coidar o persoal que temos", coa pru­dencia que esixe a situa­ción económica.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS