Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 18.05.2013  | Actualizado 11.27

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Aulas

balance

A UVigo pon sobre a mesa as teóricas de Medicina

Quere títulos compartidos no SUG

REDACCIÓN   | 24.06.2011 
A- A+

Enxeñería biomédica é unha das novas titulacións que proxecta a Universidade de Vigo na elaboración da nova oferta de títulos, segundo anticipou onte o reitor Salustiano Mato durante un xantar informativo no que fixo balance do seu primeiro ano no cargo. O rexedor da institución olívica asegurou que desde o sur de Galicia se traballará "con sensatez, pensando en que a nosa oferta ten que axudar a que o sistema universitario galego sexa único, equilibrado e forte" e por iso lanza a proposta de que as universidades galegas oferten, amais de titulacións propias, outras compartidas,como fórmula novidosa de futuro. Nese sentido, Salustiano Mato recoñeceu que porán sobre a mesa cuestións como a conversión de Deseño e Moda en titulación oficial, a posible creación dun título de Enxeñaría Biomédica ou as clases teóricas de Medicina.

Mato pide que a Xunta manteña os recursos

Mato formulou a necesidade de que a Xunta manteña o nivel de recursos destinados a esta institución para que poida "ter osíxeno" e siga "facendo os deberes", ao tempo que recoñece que o 2012 será "probablemente peor" dende o punto de vista económico. O reitor sinalou que, de cara ao próximo curso, a "aposta da Xunta" de manter o presuposto para as universidades é "clave". "Se polo menos nos manteñen as dotacións teremos osíxeno para respirar e para seguir facendo os deberes", recalcou.

A ese respecto, Mato recordou que as universidades galega e, en concreto a de Vigo, aceptaron o "reto" de "facer máis con menos" que lles formulou Feijóo, e que se está a cumprir o plan de sostenibilidade. Así, a institución viguesa logrou un recorte no gasto de case 20 millóns de euros neste curso, e reduciu o déficit a 5 millóns de euros. O reitor apostou polo equilibrio e pola fórmula de ser financiados en función dos resultados, e precisou que a Universidade de Vigo recibe da Xunta un 65% do seu financiamento, mentres aspira a incrementar a captación de recursos externos.

Con respecto aos obxectivos para o próximo curso, Mato recalcou que se entrará de cheo no desenvolvemento do proxecto "Campus do Mar", que xa captou 9 millóns de euros dende a súa posta en marcha e aspira a conseguir outros 10 millóns de euros en 2012.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS