Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

comicios

Varela Durán, sétimo na carreira a reitor da USC

06.04.2010  O catedrático de Anatomía Patolóxica é o reitorable con máis posibilidades de apoio do grupo conservador Converxencia Universitaria

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

I.C. . SANTIAGO

O catedrático de Anatomía Patolóxica da USC Juan Varela Durán FOTO: PATRICIA SANTOS
O catedrático de Anatomía Patolóxica da USC Juan Varela Durán
FOTO: PATRICIA SANTOS

A dous días de finalizar o pra­zo de presentación de candida­turas, o profesor da Facultade de Medicina Juan Varela Durán confirmaba onte a súa participación na batalla polo reitorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A candidatura do catedrático de Anatomía Patolóxica súmase ás outras seis xa confirma­das, sendo a única do ámbito das cien­cias da saúde. Este promete ser un dos temas fortes en campaña tanto polo futuro do proxecto de Campus Vida como pola polémica da regulación da docencia clínica fóra de Santiago, que o 25 de marzo foi motivo dun pacto por parte dos, daquela, seis reitorables en apoio á facultade e en contra do protocolo asinado polos tres reitores con Sanidade e Educación.

Varela esperou ata o último momento para confirmar as súas intencións, que hoxe mesmo oficializará, ás once da ma­ñá, no rexistro de San Xe­rome, en Santiago. A última en facelo será a catedrática de Química Analítica Pilar Bermejo, que esperará á unha da tarde.

A candidatura de Varela é a que par­te con máis posibilidades de lograr o apoio de Converxencia Universitaria (CU), que histori­camente foi chave para for­mar goberno. Nas últimas lexislaturas a plataforma docente conservadora formou parte dos equipos reitorais de Barro e Darío Villanueva, ambos da Plataforma Universitaria Progre­sista (PUP), de signo socialista.

Hai outros dous aspirantes do agrado de CU: Juan Casares Long, que repite tras rivalizar en 2006 con Barro; e Mercedes Brea, que ten o apoio da PUP, que por primeira vez non presenta candidatura propia.

A ex conselleira so­cialista de Educación Laura Sán­chez Piñón concorrerá tamén como in­dependente, aínda que se espera que leve parte dos vo­tos da PUP.

Universidade Aberta (UA), o colectivo docente nacionalis­ta, apoiará a Lourenzo Fernán­dez Prieto, ata o ano pasado o vicerreitor de Relacións Ins­titucionais. Tras ser tradicional­mente a oposición da PUP, UA apoiou en 2006, nun pac­to inédito, a Senén Barro, que constituíu un goberno triparti­to que fixo augas tres anos despois, coincidindo co aban­dono do goberno de Fernández Prieto para preparar o proxecto electoral de UA.

A rival máis directa de Fernández Prieto sería Pilar Bermejo: ambos fo­ron compañeiros no equipo co que Xosé Manuel Sabu­cedo competiu contra Barro no 2002.

O decano de Bio­loxía, Jaime Gómez Márquez, se­rá tamén dos que concorra sen apoios expresos.

DATOS

Concorrencia inédita

As do 5 de maio serán as eleccións máis disputadas na historia da USC. Serán sete os candidatos. Amais de Juan Varela Durán, preséntanse Laura Sánchez Piñón, Pilar Bermejo, Mercedes Brea, Juan Casares Long. Lourenzo Fernández Prieto e Jaime Gómez Márquez. É máis que previsible unha segunda volta entre os dous candidatos máis votados. Sería o 24 do mesmo mes.

A VOLTAS

"Vigo terá Medicina máis cedo ca tarde", di Caballero

O alcade de Vigo resucitou onte unha vella reivindi­cación da cidade que deixara aletargada. Abel Caballe­ro advertía onte que "ninguén crea que Vigo vai quedar sen a súa facultade de Medicina" e asegu­raba que a imos ter máis pronto que tarde". O seu homólogo en Santiago, Xosé Sánchez Bu­gallo, considerou "disparatada" a idea de duplicar ou triplicar estes estudos.

A construción dunha fa­cultade de Medicina nas seus cam­pus é unha vella aspiración da Coruña e de Vigo. Desde as dúas principais cidades galegas arguméntase que as 350 pla­zas que oferta a titulación en Santiago non son suficientes para formar a todos os médicos que necesita Galicia. En Santiago crese que a demanda responde máis a unha batalla localista.

"É mellor ter unha soa facultade puntei­ra, que facer tres vaia por deus miña xoia", insistía onte o alcal­de compostelán. Sánchez Bu­galo apelaba tamén ó contexto de crise. "Cando non hai financiamento pa­ra garantir o funcionamento ordinario das universidades, vir duplicar ou triplicar estu­dos é absolutamente pouco sen­sato", aseguraba o rexedor da capital galega.

A falta de fon­dos é a única traba para o rexedor vigués, que di que só será condescendente, "e razoable", en esperar ó momento oportu­no para que as institucións dispoñan da capaci­dade económica.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS