Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

candidatura

Varela: "Galeguista e emprendedora"

22.04.2010  Os profesores Porto e Iglesias concorren co catedrático de Anatomía Patolóxica

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Juan Varela Durán, entre os profesores Porto e Iglesias FOTO: AXENCIAS
Juan Varela Durán, entre os profesores Porto e Iglesias
FOTO: AXENCIAS

Juan Varela Durán presentou onte no Hospital Clínico de Santiago o seu programa. Se gaña as eleccións ó reitorado da USC, a profesora Porto, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, e o profesor Iglesias, de Dereito, poderían formar parte do seu equipo. O catedrático de Anatomía Patolóxica compareceu onte no Hospital Clínico acompañado de ambos colegas, nun acto no que insistiu en que o novo reitorado da USC debe "conservar o que estivo ben feito estes últimos anos". "Creo nunha universidade galeguista, pública e con vontade emprendedora", engadiu Varela para definir o seu proxecto.

O reitorable implicarase no desenvolvemento do Campus Vida ademas de potenciar as outras áreas de coñecemento promocionando o Campus de Excelencia Agroalimentaria en Lugo e o Campus de Excelencia en Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas para o Campus Norte de Santiago. O doutor concorrerá ás eleccioóns como candidato do grupo conservador de profesorado Converxencia Universitaria. Os estudantes de COES tamén o apoian.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS