Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

Vázquez non ten vontade dun novo plan financeiro, di o PSdeG

27.07.2010  Pretende baixar o presuposto, acusa

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O PSdeG denunciou onte que a Xunta e, en concreto, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, non teñen "vontade real" de dialogar o financiamento autonómico coas universidades galegas e teme unha nova "redución" do presuposto para estas institucións educativas en 2011. A voceira en materia de universidades do Grupo Parlamentario do PSdeG Concepción Burgo recordou que a Cámara galega aprobou unha iniciativa para realizar un plan de financiamento das universidades galegas para dotalas de "recursos abondos" e que abranguese ata 2015. "Houbo só dúas reunións e séguese un método caótico con grande improvisación", denunciou. Burgo asegura que os documentos achegados ás universidades "son globais e non achegan ningunha cifra", ao tempo que elimina o compromiso de incrementar o 1% os presupostos para estas institucións académicas, o que, sospeita, pode levar oculto "o obxectivo final de reducir en 2011" os presupostos.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS