Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

REunión

Vázquez pide un plan de financiamento real

13.01.2011  O líder do PSdeG esixe en tres meses un documento que detalle as partidas para os vindeiros cinco anos, xa que só se concretou o 2011

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Pachi Vázquez, esquerda, reuniuse onte co reitor da Coruña, Barja FOTO: CABALAR/EFE
Pachi Vázquez, esquerda, reuniuse onte co reitor da Coruña, Barja
FOTO: CABALAR/EFE

O líder do PSdeG, Pachi Vázquez, pechou onte a rolda de reunións de traballo que vén realizando nos últimos meses co tres reitores galegos, nas que lles amosou o seu apoio ás universidades como motor de de-senvolvemento de Galicia e cominou a administración a unha correspondencia económica en consonancia. E fíxoo precisamente cunha visita ó reitor herculino, o máis crítico co plan de financiamento que os tres reitores asinaron o mes pasado resignados a apertar o cinto por mor da crise económica.

"Non hai saídas fáciles nin atallos. O único xeito de saír desta crise é cambiar o modelo económico e apostar firmemente pola sociedade do coñecemento, a investigación e a innovación", dixo o dirixente socialista no reitorado da Maestranza.

Xa que logo, esixiulle ó presidente da Xunta "poñer enriba da mesa" nun prazo de tres meses un Plan de Financiamento Universitario para os vindeiros cinco anos. "Feijóo non leva dúas semanas nin dous meses no goberno, leva case dous anos ao fronte da Xunta de Galicia, despois destes dous anos, a sociedade galega ten que saber cal será o futuro das nosas universidades e dos investigadores deste país", dixo o líder dos socialistas galegos.

Ó ver do líder socialista, o documento asinado o pasado 21 de de-cembro é un "mal chamado plan de financiamento", que, critica, os reitores asinaron presionados polo peche do exercicio e a premura de dispoñer de orzamentos para este ano. Vázquez salienta que nese plan só se especifica a cantidade destinada ás universidades para o 2011 -380 millóns de euros- e critica que adía ós vindeiros seis meses os criterios de repartimento para os vindeiros exercicios".

Amais, dubida da consecución do obxectivo marcado de investir polo menos 2.100 millóns neste quinquenio nas universidades, "xa que multiplicando por cinco os 380 presupostados para este ano, non chegan nin ós 2.000". Xa que logo, o PSdeG esixe un verdadeiro plan, coas partidas para cada un dos cinco anos e os criterios de distribución e mais os parámetros de crecemento.

 

Non se chega nin ó 0,8% do PIB e Vázquez esixe o 1%

Pachi Vázquez criticou tamén que a Xunta destina menos do 0,8% do PIB ás universidades e esixiu chegar ó 1%, "como xa fixeron outras comunidades. Galicia pode vivir sen unha autovía máis ou menos, pero sen universidades, sen innovación e investigación, non temos futuro", proclamou.

A REACCIÓN

PP: "Inaudito e surrealista"

O voceiro de Educación do Grupo Popular, Román Rodríguez, considera "inaudito e surrealista" a petición do secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez e lémbralle que o Plan de Financiamento quinquenal foi aprobado polo Consello da Xunta o 16 de de-cembro e asinado polos tres reitores o 21 do mesmo mes. Xa que logo, aponlle a Vázquez unha grave desinformación e celebra que o Goberno fixo efectivo "o que o líder socialista pide para dentro de tres meses un mes antes de que o pedira".

A CERNA

Barja amosou descontento cos 380 millóns desta campaña

Os tres reitores galegos asinaron o 21 de decembro pasado o plan de financiamento do sistema universitario de Galicia 2011-2015. Un documento marcado pola crise económica e que os dirixentes universitarios aceptaron resignados e como "unha mostra de responsabilidade ante asociedade en plena crise económica", como resaltara o reitor da USC, Casares Long, en nome dos seus homólogos.

Este primeiro ano en vigor do plan será de transición, mentres se seguen negociando os criterios de repartimento dos fondos para os catro exercicios seguintes. Así, no 2011, os campus galegos disporán de 380 millóns, unhas partidas tecnicamente conxeladas que se interpretan como un trato de favor fronte a outros departamentos da Xunta, que caeron un 10%. A repartición histórica manterase este ano e así, á USC corresponderalle o 42,8% dos cartos, o 29,7% á UVigo e a UDC levará o 27,4%.

O reitor da UDC, José María Barja, mostrou a súa oposición a este plan, que ó seu ver, agravia a institución herculina en favor e pide o remate das diferenzas históricas entre os tres campus. O herculino anuncia que contará con 130 millóns este ano, un 5,8% menos ca no 2010. A UVigo, pola súa parte, contará con 168 millóns, un 4,6% menos. As contas da USC non se coñecerán ata este mes.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS