Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

comicios

Vigo elixe hoxe reitor entre Mato e Cabeza

20.05.2010  Os 23.600 membros da comunidade universitaria deciden quen sucede a Alberto Gago

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Mato, de Alternativa Universitaria FOTO: AXENCIAS
Mato, de Alternativa Universitaria
FOTO: AXENCIAS

A Universidade de Vigo elixe hoxe o substituto do Alberto Gago á fronte do reitorado. Salustiano Mato, candidato de Alternativa Universitaria, e Jaime Cabeza, liderando Nova Universidade, disputan o apoio dos máis de 23.600 estudantes, docentes, investigadores e persoal administrativo e de servizos que compoñen a comunidade universitaria olívica.

A campaña electoral pechou xa o martes cos dous candidatos apelando ao "cambio". Mentres Cabeza explicou que as dúas candidaturas demandan un "xiro" total das políticas actuais, se ben precisou que "unha é herdeira do pasado -en alusión a Alternativa- e outra non", Salustiano Mato defendeu o seu "equipo potente, moito mellor e con moita máis experiencia". "Seguimos sendo máis alternativa de nós mesmos ca ninguén", sentenciou.

O censo de membros da Universidade de Vigo elévase a 23.673 persoas (un 9,29% menos ca nas anteriores eleccións), das cales, 913 son doutores con vinculación permanente á Universidade -teñen o 51 por cento do voto ponderado-; 1.090 son persoal docente e investigadores -co 9% do voto-; 698 son persoal administrativo e de servizos -cunha representación do 10%-; e 20.966 son estudantes -aglutinan o 30% do voto-.

As mesas abriranse ás 10.00 horas da mañá e pecharanse ás 19.00 horas, de forma que o nome do próximo reitor coñecerase a partir das 21.00 horas, mentres que a composición do Claustro se fará pública previsiblemente ao día seguinte.

 

Sistema pioneiro a prol da paridade no claustro

A principal novidade nas eleccións de hoxe será a forma de votar o Claustro, xa que se estableceu un sistema -pioneiro nas universidades galegas-, de acordo cos Estatutos da Universidade e coa Lei de igualdade, para que se fomente a paridade entre homes e mulleres. De feito, o número de representantes femininas de cada sector aumentou nestas eleccións, agás no caso dos estudantes.

Así, establécese que, do número de candidatos e candidatas que se poden votar, só un 60 por cento poderán ser do mesmo xénero. Para facilitar o voto, en cada papeleta haberá dúas columnas, unha cos candidatos e outra coas candidatas, así como o número máximo de persoas ás que se pode votar (e o número máximo de representantes do mesmo sexo).

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS