Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 22.08.2017 Actualizado 11:59
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Aulas

internacionalización

Vigo intercambiará con Xapón docencia e mais investigación

A Universidade olívica asinou un convenio coa nipona de Tohoku

AXENCIAS   | 26.02.2011 
A- A+

A universidade viguesa asinou onte un convenio co Research Institute of Electrical Communication da Tohoku University de Xapón para o intercambio de persoal docente e investigador, de materiais e para a planificación de investigacións e docencia en cooperación. Unha colaboración que en principio durará cinco anos pensada para situar a Universidade de Vigo no panorama internacional "máis aló de Europa. Para nós é un pracer poder afianzar a nosa relación con centros de países tan punteiros en tecnoloxía como é Xapón", explicou o reitor Salustiano Mato tras a firma.

O convenio supón a culminación nunha relación estable duns contactos que comezaron hai xa seis anos a través do Departamento de Física Aplicada e que agora converte a universidade viguesa "en compañeira de viaxe do grupo de excelencia no que están involucrados centros tecnolóxicos de prestixio de Bélxica, Alemaña, Francia e Estados Unidos, como o MIT de Massachussets ou a Universidade de Princeton", asegurou Junichi Murota, profesor da Universidade de Tohoku. Técese deste xeito unha rede que dende Xapón animan a aproveitar para a internacionalización non só dos investigadores, "que forman parte desta mobilidade dun xeito máis natural", senón tamén do estudantado.

Situada en Sendai, unha localidade dun millón de habitantes ao leste de Xapón, a colaboración con esta universidade é especialmente importante por tratarse dun centro punteiro en electrónica, tecnoloxías da información e telecomunicacións. "Xapón, Corea ou China están á vangarda e temos que aproveitar a oportunidade que supón achegarse a eses mercados e á investigación", recordou Manuel Fernández Iglesias, vicerreitor de Relacións Internacionais.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS