Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

debate

Vocación de USC

15.04.2010  Os reitorables á USC avogaron onte no Foro de Galicia Milenio por pór en valor a docencia, "a cerna da universidade, abandonada nos últimos anos a prol da investigación"

4.5/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Pola esquerda, Casares, Brea,Sardiña, Del Río, Fernández Prieto, Varela Durán e Gómez Márquez FOTO: Ramón Escuredo
Pola esquerda, Casares, Brea,Sardiña, Del Río, Fernández Prieto, Varela Durán e Gómez Márquez
FOTO: Ramón Escuredo

"É difícil non subscribir todo o dito ata agora". Así resumiu onte a reitorable Mercedes Brea o parecido das intervencións dos seus "rivais" para debullar as liñas básicas do seu proxecto de goberno para convencer os membros da comunidade universitaria de que eles poden ser a mellor opción para relevar a Senén Barro no reitorado da USC.

Cambio, transparencia, diálogo, plan de financiamento favorable e optimización da xestión, internacionalización pero galeguismo, atención ó alumnado e posta en valor do labor docente... foron ideas comúns ós sete candidatos.

Os catedráticos de Bioquímica Jaime Gómez Márquez, Anatomía Patolóxica Juan Varela Durán, Historia contemporánea Lourenzo Fernández Prieto, a profesora de Económicas Marisa del Río -en representación da catedrática de Química analítica Pilar Bermejo, que estaba nunha oposición a cátedra-, o catedrático de química Javier Sardiña -en representacón de Laura Sánchez Piñón-, de Filoloxía Románica Mercedes Brea, e de Enxeñería Juan Casares Long participaron onte nun debate organizado polo Foro Galicia Milenio.

Mellorar a USC é o motivo que move a todos a presentarse, como salientou Gómez Márquez. Per omentres a representante de Bermejo incidía "na crise que vive a USC, agravada por erros do equipo anterior, nomeadamente a falta de transparencia ó dicicir asuntos estratéxicos que nos comprometen no futuro" e Casares Long aspiraba a "recuperar a ilusión", Fernández Prieto salientou ó inicio da súa intervención o "rexeitamento do fatalismo. Preséntome porque quero a USC e creo que podo axudala". "Tras 26 anos de LRU, estamos ó final dun modelo e o cambio ten que ir por unha maior participación do claustro, o consello de goberno e as facultades", explicou o catedrático de Historia. A este mesmo punto de inflexión referiuse Mercedes Brea, que salientou o 2010 como o ano da integración no Espazo Económico de Educación Superior "e hai moito que facer". Tras, ó que Gómez Márquez apostilou "eu son crítico, non fatalista, e a USC pide un cambio en todo, no fondo e na forma".

No que todos coincidiron foi na necesidade de pór en valor a docencia, a razón de ser da universidade, fronte ó abandono sufrido nos últimos anos a prol da investigación. A representante de Pilar Bermejo reclamou amais a "dignificación dos centros docentes"

A investigación foi outro dos puntos das sete propostas. O máis explícito foi Varela Durán, que distinguiu entre "investigación interesante e investigación importante" e sentido avanzou que a "súa política será a investigación baseada nas demandas da sociedade galega", fronte á concepción de Gómez Márquez, que apelou á liberdade investigadora.

Tamén foi común o compromiso pola estabilidade do persoal, tanto docente e investigacor como de administración e servizos, e na necesidade de profesionalizar este colectivo para descargar de funcións burocráticas o profesorado.

Respecto do financiamento,o decano de Bioloxía avogou por unha política de austeridade e elimiar a "débeda que nos lastra", mentres que Del Río reclamou o 2% do PIB.

FERNÁNDEZ PRIETO AVANZA O SEU PROGRAMA

Plan de financiamento a 10 anos

O catedrático de Historia contemporánea Lourenzo Fernández Prieto toma carreia no avance do seu progra­ma. Onte comprometeuse a que se gana asinará un acordo coa Xunta de financiamento a dez anos nos primeiros doce meses. O catedrático quere aproveitar a capacidade investigadora da Universidade "que nos permiten acudir a xacementos de recursos moi importantes. Amais,avogou por "evitar o desequilibrio entre a abundancia de recursos para novos edificios e a ausencia de tratamento dos xa existentes" ou "cubrir necesidades longamente reclamadas como os edificios de Ciencias da Educación ou Odontoloxía", dixo.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS