Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

programas

A Xunta apoiará os investigadores que sexan "eficientes"

16.09.2010  Ve preciso cambiar os Parga Pondal e Manuel Colmeiro para que atopen traballo

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, garantiu que o apoio da Xunta ós investigadores "eficientes" non vai desaparecer "nin este ano nin nos próximos", pero apostou por "cambiar" o modelo dos programas de innovación e investigación, porque os profesionais necesitan "atopar un posto de traballo". Así se pronunciou en resposta á deputada socialista Concepción Burgo, que se interesou polo futuro dos investigadores que dependen de programas como o "Manuel Colmeiro" ou o "Parga Pondal", ao que Guerra respondeu que a Xunta renovará este exercicio o seu apoio a estes programas. "A convocatoria das prórrogas está elaborada e pendente de tramitación", apostilou.

Con todo, Guerra insistiu na necesidade de "reflexionar" para adaptar "á realidade" do mercado de traballo estes programas posto que, sinalou, os investigadores deben ser despois capaces de atopar un posto de emprego xa sexa na universidade, en centros tecnolóxicos ou en empresas unha vez concluída a súa bolsa.

Con tal fin, a Xunta fomentou un programa para introducir ós profesionais da innovación nas empresas. "Se este concepto cala e as empresas responden, que o farán, non haberá problemas de traballo para eles", prognosticou Guerra, tras reafirmarse en que o programa da Xunta en materia de recursos humanos de I+D é "o máis importante" de España. "Hai un investimento de 25 millóns de euros", concluíu Guerra.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS