Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 22.06.2017 Actualizado 21:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

EMPEZA A CARREIRA DAS PRIMARIAS

Os 10.200 afiliados galegos poderán avalar desde esta medianoite a calquera do tres aspirantes a liderar o PSOE

SANTIAGO. EP  | 19.04.2017 
A- A+

A carreira dos avais arrinca esta medianoite para o tres aspirantes a facerse coas rendas do PSOE, que teñen ata o 4 de maio para facerse con, polo menos, un total de 9.368 firmas válidas de afiliados que apoien a súa candidatura, un cinco por cento do total.

En Galicia, tanto a andaluza Susana Díaz como o madrileño Pedro Sánchez e o vasco Patxi López poderán competir por uns 10.200 apoios, de modo que a militancia galega supón algo máis do 5,4 por cento dos 187.360 carnés de toda España.

Por provincias, a que conta con menos afiliados é a ourensá, con 1.630 fichas. Con todo, segundo un comunicado remitido aos medios, a súa base aumentou un 17 por cento desde o último reconto.

Mentres tanto, en Lugo, a cifra rolda os 2.050 e atópase practicamente "estabilizada", con apenas un leve incremento do "un por cento" desde o pasado ano, segundo confirmaron a Europa Press fontes do PSOE lucense.

A continuación sitúase Pontevedra, con case 2.850 carnés; mentres A Coruña é a demarcación galega con maior número de militantes do PSOE: uns 3.640, por baixo dos case 3.800 que puideron votar nas primarias para elixir o candidato á Presidencia da Xunta.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS