Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 22.02.2018 Actualizado 20:35
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

107 falecidos por gripe en Galicia

Todas tiñan indicada a vacina antigripal, ben por idade ou ben por ter factores de risco para padecer complicacións, e 46 delas non estaban vacinadas

09.02.2018 
A- A+

As persoas falecidas con gripe na Comunidade galega ascenden a 107 desde o inicio da temporada actual, o que supón 26 máis que hai unha semana, na que había 81 rexistradas.

Así se desprende do décimo terceiro informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' publicado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) e recollido por Europa Press, correspondente á semana que terminou o 4 de febreiro.

Das 107 persoas falecidas en Galicia todas tiñan indicada a vacina antigripal, ben por idade ou ben por ter factores de risco para padecer unha gripe complicada, e 46 delas non estaban vacinadas.

Segundo reflíctese no último informe sobre a gripe publicado polo Sergas, na actualidade permanecen ingresados 427 pacientes con gripe confirmada en hospitais de Galicia.

En total, desde o inicio da temporada declaráronse 2.141 casos con gripe confirmada en Galicia, 344 máis que hai unha semana, dos cales o 67 por cento tiña o virus da gripe B; o 2,2%, gripe A e B; e o resto virus da gripe A.

O Sergas destaca tamén que o 90 por cento do total dos doentes ingresados durante esta temporada tiñan indicada a vacina antigripal e, deles, o 50 por cento non a puxeron.

TENDENCIA DECRECIENTE
O número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias agudas (IRA) mantense estable respecto da semana anterior despois de descender durante catro semanas consecutivas, polo que o Sergas sinala que a tendencia é "estable" e a intensidade "continua baixa".

Pola súa banda, en Atención Primaria nesta semana a vixilancia baseada nos rexistros informatizados de gripe do Sergas amosa "un descenso a respecto da semana anterior".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS