Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 22.07.2019 Actualizado 23:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

116 municipios galegos súmanse ao Pacto dos Alcaldes polo clima e a enerxía

BRUXELAS/SANTIAGO. EP  | 25.06.2019 
A- A+

Un total de 116 municipios galegos sumouse no que vai de ano ao Pacto dos Alcaldes polo clima e a enerxía, un movemento mundial contra o cambio climático para cuxo impulso a Xunta puxo en marcha o pasado mes de xaneiro unha oficina técnica. Deles, 13 empezaron a desenvolver xa o plan de acción.

Así o explicou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta, María Cruz Ferreira Costa, nunha reunión de traballo do Comité Europeo das Rexións na que se presentaron experiencias rexionais de diversos países a favor dos obxectivos de sustentabilidade 2030.

En declaracións a Europa Press, Ferreira dixo que as políticas de sustentabilidade son un "alicerce" para o Executivo autonómico e expresou e agradecemento por poder presentar os proxectos galegos ante o Comité das Rexións.

A responsable galega defendeu a necesidade de ofrecer solucións locais para contribuír á solución "dun problema global" como é o cambio climático. "Por iso creamos esta oficina técnica do Pacto dos Alcaldes, imos un por un aos 313 concellos, cada un coa súa peculiaridade e o seu plan enerxético de aforro e enerxía sustentable, ademais dun plan climático que dividimos por zonas ou comarcas", explicou.

María Cruz Ferreira sinalou que Galicia é "unha potencia" no uso de enerxías renovables, con ao redor de 7,2 megawatios instalados cando o consumo é de 13, polo que a porcentaxe de enerxías limpas "é moi elevado". Agregou que esta proporción crecerá con 20 novos parques autorizados e en fase de desenvolvemento que poderían entrar en funcionamento a finais deste ano 2019.

"O Pacto cos Alcaldes entendemos que é fundamental, é unha das ferramentas de Gobernanza multinivel da Comisión Europea, que entendeu no seu momento que non chegaba a cumprir os obxectivos de eficiencia enerxética e cambio climático e por iso baixou ao nivel local. O concepto e o problema é global pero a solución está a nivel local", subliñou.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS