Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 19.08.2017 Actualizado 16:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Superávit en 2016

161 concellos galegos disporán de 169 millóns para investimentos sustentables

O compromiso de gasto do programa de empregabilidade en concellos alcanza os 86 millóns o pasado ano

SANTIAGO. EP  | 19.05.2017 
A- A+

Un total de 161 concellos galegos cumpren as condicións requiridas para poder destinar o superávit que rexistraron en 2016 (en conxunto, 169 millóns de euros) a investimentos sustentables.

Así o sinalou o director xeral de Política Financeira, David Cabañó, a preguntas da deputada do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo na comisión de economía do Parlamento.

Cabañó apuntou que, a día de hoxe, en Galicia presentaron datos da súa liquidación en 2016 un total de 257 concellos, dos cales cumpriron co parámetro de estabilidade 236, polo que terían superávit (por un valor total de 204 millóns).

Destes 236 municipios, indicou que 161 cumprirían as condicións para poder destinar ese superávit (por 169 millóns de euros) a investimentos sustentables "sen incumprir a regra de gasto".

Dos restantes, 54 non cumpren cos prazos máximos fixados para o pago a provedores, un supera o límite de débeda e outros 20 teñen remanentes negativos.

A socialista interrogou ao director xeral sobre a posibilidade de que eses investimentos se fagan máis aló deste ano 2017, e Cabañó respondeu que unha emenda que presentou o PP no Congreso, "de aprobarse, responde as demandas da administración local" nese sentido.

PLAN PARA A EMPREGABILIDADE

Na mesma comisión, Rodríguez Rumbo cuestionou á secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, pola execución do plan de mellora da empregabilidade en concellos.

Toca sinalou que o compromiso de gasto alcanzou os 86 millóns de euros, "é dicir, un 90,4% do orzamento vixente" e, de acordo cos seus números, 32,5 millóns máis que o crédito inicial previsto para 2016.

A deputada do PSdeG, pola súa banda, instou á Xunta a "pór toda a carne no asador" e que este tipo de programas, pola incidencia negativa do paro entre a poboación, "execútense ao 100% ou preto do 100%".

PENSIÓNS DE AUTÓNOMOS

Tamén a Covadonga Toca interpeloulle a deputada do BNG Noa Presas, interesada en coñecer medidas do Executivo autonómico para favorecer unhas mellores pensións entre os autónomos.

Ante a resposta da secretaria xeral, que enumerou iniciativas postas en marcha pola Xunta nos últimos tempos para este sector, Presas lamentou que sexan "estratexias fundamentalmene cortoplacistas, encamiñadas a aumentar o número de afiliacións pero non as condicións estratéxicas".

Toca, pola súa banda, replicou que a estratexia do Goberno galego "non só facilita o apoio á incorporación" senón que tamén busca dispor "ferramentas" para "a consolidación" do emprego autónomo.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS