Naturalmente, asociados ao nome de Rosalía están os de Curros Enríquez (Aires da miña Terra. O Divino Sainete ); Pondal (Quixumes dos Pinos); Valentín Lamas Carvajal ( O tío Marcos da Portela) e outros escritores e poetas de Pontevedra, Lugo e Ourense . Por iso, o nacemento de Rosalía, que adoita pasar como “sen pena nin gloria”, marca, nembargantes, un fito digno da máis outa celebración. Convén recordalo
Pero, ¿como caeu no ambiente socio-político da época esta identidade diferenciadora? Por suposto, para uns, coma unha babecada; para outros, coma un perigo... A tal repecto, Mergúllome no volume I da obra titulada Rosalía de Castro, Documentación Biográfica y Bibliográfica de Aurora López e Andrés Pociña, publicado pola Fundación “Pedro Barrié de da la Maza”. Hai anos que tiña sinalado esta crítica do Canto III do Divino Sainete:”Al llegar al vagón de la envidia, aparece Emilia Pardo Bazán ridiculizando el Rexurdimento de la literatura en lengua gallega, a Rosalía y a los demás poetas, como también al mesmísimo Castelar del prólogo de Follas Novas”.
Ofrezo tan só unhas mostras da coidada edición de Alonso Montero (Ed. Do Castro, 1969):
“Dígame, miña señora:/ ¿É certo que na súa Terra/ renace a poesía agora?/ Boubas que ceiban ao vento/ catro soñadores tolos.../Non ll´hai tal renacemento! Non o haberá; máis non quita/ pra que Castelar o afirme/ xa ll´eu tirei da levita/ en certa ocasión...¡Ten gracia eso de chamar poetas a esas rans da democracia”. Esa era a consideración da Condesa e doutros ben barbados intelectuais da época
Outra mostra aínda máis pexorativa: “un libro da nova escola/ que cheira a Garulla ás légoas/ e fede que apesta a Zola./ Por suposto, hai coma unha tímida réplica que di: “¿Convenceuse? – Estou ferido/ polo argomento, que é forte/ Mais non estou convencido. Eu sosteño, e trayo probas/ que Galicia esperta; dígao a autora de Follas Novas”.
Ese era o ambiente hostil con que foi recibida a obra de Rosalía de Castro de Murguía. E cito a Murguía porque, de non ser polo seu impulso, quizá Rosalía se derrubara e non chegaría a ser facho universal aceso e inapagable que alumaría o mundo xeográfica e renacente do Rexurdimento. Galicia disidente, recapacita e libérate.