Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 19.05.2013  | Actualizado 12.21

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

alerta dos colexios profesionais

20.000 mozos galegos moi cualificados deixarán Galicia este ano

De seguir esta tendencia, "se batería a marca de saída a outros países" no último medio século"

SANTIAGO. EP  | 28.07.2012 
A- A+

Unión Profesional de Galicia --entidade que representa a 45 colexios profesionais de Galicia e a máis de 60.000 traballadores--, mostra a súa preocupación pola saída da Comunidade galega de man de obra cualificada cara a outros mercados laborais, e alertou de que este ano poderían abandonar Galicia uns 20.000 mozos.

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre xaneiro e xullo deste ano abandonaron Galicia case 10.000 persoas en busca dun futuro profesional noutros países. Nun comunicado, Unión Profesional de Galicia explica que destaca en función da información que manexa facilitada polos diferentes colexios profesionais, que a maioría destes emigrantes son novos cunha elevada cualificación profesional.

A este ritmo, "durante 2012 é previsible que abandonen Galicia en torno a 20.000 novos profesionais", advirte esta asociación. "As cifras recordan os fluxos rexistrados nos 60", lamenta esta entidade, que advirte que este ano, de seguir esta tendencia, "se batería a marca de saída de profesionais galegos a outros países" no último medio século".

Por outra banda, a Unión Profesional de Galicia informou de que outros dous colexios se incorporaron a este proxecto asociativo. Así o decidiu a asemblea xeral da entidade celebrada neste mes de xullo.

O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (Copoga) e o Colexio Oficial de Decoradores e Deseñadores de Interior de Galicia son os novos membros de Unión Profesional de Galicia tras ser tramitada e aceptada a solicitude de admisión dos dous novos colexios.

"MÁIS FORZA Á ASOCIACIÓN"

Neste sentido, o presidente de Unión Profesional de Galicia, José María Arrojo Fernández, subliñou que as novas incorporacións "achegarán máis forza á asociación" que defende os intereses das profesións colexiadas.
Na súa opinión, "o grao de representación dos colexios profesionais cobra, coas novas incorporacións, maior protagonismo no ámbito autonómico ante as administracións e institucións tanto públicas como privadas".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS