Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

solidariedade

25 entidades adhírense ao programa de voluntariado para alfabetización dixital

05.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

Un total de 70 voluntarios e 25 entidades adheríronse ao Programa de Voluntariado Dixital dende a súa posta en marcha o 1 de febreiro, segundo informa o Goberno galego. O perfil de voluntario dixital é o dun internauta maior de 18 anos, cun coñecemento tecnolóxico de usuario medio capaz de axudar cos seus coñecementos e sentido da solidariedade á alfabetización dixital.

 Este programa promovido pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, conta cunha unidade de coordinación, integrada por profesionais da Administración, que porá en contacto a organizacións de voluntariado e interesados.

 O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de febreiro, e os voluntarios terán á súa disposición un programa de capacitación incluído no Plan de Formación do Voluntariado de la Dirección Xeral de Xuventude para poder realizar as actuacións de apoio dixital.

 Así mesmo, unha unidade de coordinación, integrada por profesionais da Administración, porá en contacto organizacións de voluntariado e os voluntarios para a realización de iniciativas de inclusión dixital.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS