Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 23.05.2013
| Actualizado 01.24
Por outra banda, é unha data na que na televisión adoitan celebrarse programas nos que se trata con sarcasmo a distintos personaxes públicos, ás veces a través do recurso da cámara oculta. Non obstante, a pequena pantalla tamén ofrece cada 28 de decembro algunha gala coa finalidade de recadar fondos para tratar alguna causa vencellada aos máis pequenos, os nenos.
É esta unha data marcada para min no calendario, tristemente marcada e que non me gusta lembrar. Pero inevitablemente está alí. A causa? Pois que foi precisamente un funesto 28 de decembro, no seo da celebración das festas de Nadal, e sendo eu unha nena, cando perdín á miña avoa Araceli, da que gardo unha imaxe intacta sorrindo, chiscándome un ollo, observándome con complicidade. Pasaron os anos. Moitos. Tantos… avoa…
Pero por máis que pasa o tempo recórdoa como se a vira onte. Sen dificultade. Non teño que esforzarme para traer ao presente o seu rostro, as súas enrugadas mans. Cústame, iso si, pensar no 28 de decembro como nunha data para as bromas e os risos, malia ao tempo trascorrido dende aquela data fatal. Talvez a esta sensación contribuíu unha persoa vencellada á familia, que tras coñecer o triste desenlace e ser comunicado, veu a preguntar se se trataba dunha broma o da morte da miña avoa. Quen pode bromear con algo así? A xente ás veces non pensa o que di, é o único que acertei a pensar daquela, sendo unha nena. Hoxe sigo sen comprender como alguén pode atreverse a ironizar con algo semellante, tratándose dun asunto tan serio. Por iso agora, avoa, convertida nunha muller adulta, e no aniversario do teu pasamento, lémbrote con especial agarimo… odiando a data na que te fuches do meu carón, na que escapaches sen poder dicirme adeus, sen chiscarme o ollo por última vez.
Ruth Fernández
