Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 17.42
411 auxiliares de conversación o próximo curso nas escolas galegas
SANTIAGO. EP | 20.07.2012
A Consellería de Educación dotará o sistema educativo galego o próximo curso de 411 auxiliares de conversación, profesionais de apoio ao ensino e á aprendizaxe das linguas estranxeiras que exercen o seu labor na rede de colexios e institutos galegos públicos pertencentes á rede de centros plurilingües e ás seccións bilingües, e na rede de escolas oficiais de idiomas.
Para iso, o Consello da Xunta deu luz verde á sinatura dun convenio entre o departamento autonómico e o Ministerio de Educación polo que se asignan 30 auxiliares aos devanditos centros, que serán financiados e xestionados polo Goberno autonómico, para o que se investirán máis de dous millóns de euros. A eles haberá que sumar 39 auxiliares financiados polo ministerio.
Ademais, a comunidade disporá de 18 senior, nativos xubilados que desenvolven o seu labor nos centros plurilingües do rural galego. Tamén está previsto que se volva contar cos tres profesores visitantes estadounidenses que xa se incorporaron o pasado curso para prestar o seu apoio ao ensino do inglés en centros galegos durante todo o ano académico; e co profesor de lingua francesa a tempo completo, froito dun convenio de colaboración coa Academie de Amiens.
Segundo constatou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o sistema educativo reflicte un 14 por cento de aumento con respecto ao ano pasado. Esta actuación permitirá que en 2012-2013 se multiplicara "por 6,1" o número de axuliares cos que se contaba a principio de lexislatura (67 no curso 2008-2009).
Cultura e Educación decidiu tamén "incrementar nun 3,5 por cento" a achega ao Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia para "facilitar o acceso" dos investigadores, docentes e estudantes aos recursos de información científica en liña. Para tal fin, achegará máis de 1,5 millóns de euros.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.