Hemeroteca web
|
RSS
Venres 24.05.2013
| Actualizado 12.57
5.000 euros de Educación para a formación de profesionais da dinamización lingüística
SANTIAGO. EP | 07.04.2012
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, asinou un convenio de colaboración coa Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) orientado a apoiar a formación de profesionais da dinamización lingüística e ao cal destinará 5.000 euros.
Así explicouno o departamento que dirixe Jesús Vázquez nun comunicado, no que detallou que, en virtude deste acordo, se compromete a levar a cabo accións formativas centradas no deseño das campañas de dinamización lingüística, corrección lingüística ou blogs de uso de redes sociais para o traballo en normalización lingüística.
A coordinadora asumirá a confección de dous novos documentos da 'Colección Documentos CTNL' orientados en torno ao funcionamento dos servizos lingüísticos, do traballo terminolóxico para a normalización lingüística ou na planificación da formación en lingua galega.
Así mesmo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén fortalecerá o apoio á coordinadora no mantemento e actualización da súa páxina web e do boletín electrónico de difusión da lingua 'Novas CTNL'.
En concreto, a achega económica da Consellería de Educación ascende a 5.000 euros e a da CTNL será de 1.000 euros, cos que o convenio de colaboración suma un total de 6.000 euros destinados ao desenvolvemento das accións sinaladas.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.