Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Enquisa elaborada pola Xunta

O 66% dos usuarios das praias piden máis areais sen fume

SANTIAGO. EP  | 13.11.2017 
A- A+

Unha enquisa elaborada pola Consellería de Sanidade apunta que dous terzos dos usuarios das praias queren que a 'Rede Galega de Praias sen Fume' sexa ampliada.

Segundo sinala un comunicado emitido este domingo polo departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña, máis do 63,7 por cento da poboación cualifica a iniciativa de "boa ou moi boa", o 66 por cento opina que debería ampliarse a outras praias e o 58 por cento a outros espazos ao aire libre.

A enquisa realizouse ao final do verán entre 1.350 usuarios dos areais galegos e completouse con 1.000 chamadas telefónicas a poboación residente maior de 18 anos.

A 'Rede Galega de Praias sen Fume' é unha iniciativa pioneira a nivel estatal e, segundo a Xunta, o obxectivo é que "todos os areais" do litoral galego formen parte dela.

Os concellos que participan na rede comprométense a identificar os areais participantes, así como difundir esta información nos usuarios e levar a cabo actividades para lograr "unha sociedade libre de tabaco".

No entanto, polo momento, non se impoñen sancións ás persoas que fumen nas praias incluídas nesta iniciativa. Na actualidade, 22 praias de 12 concellos coruñeses forman parte da rede. Tamén o fan 17 areais de nove municipios de Pontevedra e sete de seis concellos lucenses.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS