Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 28.06.2017 Actualizado 20:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O 82,3% de Anova referenda toda a candidatura encabezada por Antón Sánchez e Beiras foi o máis votado

PONTEVEDRA. EP  | 19.03.2017 
A- A+

O 82% da asemblea de Anova-Irmandade Nacionalista referendou toda a candidatura que encabezou Antón Sánchez para a renovación dos órganos de dirección da formación, aínda que existía a posibilidade de apoiar a algúns membros da lista e a outro non.

Tiñan dereito a voto preto de 700 militantes para elixir os 50 nomes da nova Coordinadora Nacional --máximo órgano de decisión entre asembleas--. O sistema de votación era por listas desbloqueadas, é dicir, permitíase escoller nomes dentro da propia candidatura sen votala ao completo.

Así, os portavoces nacionais saíntes, o histórico Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega --alcalde de Santiago--, foron os máis apoiados, con 160 e 158 votos, respectivamente. Pola súa banda, Antón Sánchez, o terceiro máis apoiado, aglutinou un total de 156 votos dos 164 emitidos nas votacións que tiveron lugar en urna.

Durante a tarde no plenario, militantes comentaron a Europa Press que se barallou a posibilidade de unicamente apoiar a Martiño Noriega como mostra de crítica, pero esta situación que, aínda que se produciu, deuse só nalgunha papeleta.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS