Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.06.2018 Actualizado 21:11
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O 90 por cento dos galegos cre que a TVG contribúe a promover a identidade propia de Galicia

SANTIAGO. EP  | 13.03.2018 
A- A+

O 90 por cento dos galegos considera que a Televisión de Galicia contribúe a promover a identidade galega, segundo unha enquisa realizada para Forta, a unión de canles autonómicas públicas de España.

Así, segundo explica a TVG, a televisión autonómica galega é a que está en "máis sintonía con trazos culturais dos seus telespectadores" e da Comunidade galega.

De feito, a televisión galega sitúase oito puntos por encima das seguintes neste mesmo ranking, que son a catalá e a andaluza. Os madrileños son os que menos valoran a súa canle autonómica, xa que só un 45 por cento opina o mesmo acerca de Telemadrid.

Este estudo, que se presentou este martes, tamén di que a Galega é a televisión cuxa audiencia a ve como empresa máis moderna. Pénsao así o 80 por cento dos espectadores enquisados.

INFORMACIÓN INTERESANTE
Ademais, o 72,6 por cento dos enquisados opina que as autonómicas ofrecen información interesante e próxima, mentres que para o 55 por cento son as que atenden unha maior variedade de públicos e contidos, unha porcentaxe que chega ao 65 por cento entre os mozos de 15 a 35 anos.

A enquisa tamén desvela que mesmo naquelas comunidades que non contan con canle autonómica propia considérase estes medios como os que máis contribúen a difundir a realidade e a cultura local e rexional.

Para este traballo demoscópico, realizado pola consultora GFK, realizáronse mil entrevistas. levou a cabo con motivo do 35 aniversario do inicio das primeiras emisións das televisións públicas autonómicas, que para o 70 por cento dos españois son un servizo público necesario para a sociedade no seu conxunto.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS