Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 13.12.2019 Actualizado 21:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O 97% das bases de Galicia en Común apoian o acordo de goberno entre PSOE e Unidas Podemos

SANTIAGO. EP  | 28.11.2019 
A- A+

O 96,81% dos participantes na consulta entre as bases de Galicia en Común expresaron o seu apoio ao acordo para a formación dun goberno de coalición no Estado entre o PSOE e Unidas Podemos.

A coalición electoral entre Podemos Galicia e Esquerda Unida deu a coñecer os resultados da consulta ás bases sobre o acordo asinado o pasado 12 de novembro polos líderes do Partido Socialista, Pedro Sánchez, e Unidas Podemos, Pablo Iglesias.

Segundo informa Galicia en Común, que non conta con censo propio, na consulta participaron 7.385 militantes, inscritas e simpatizantes da coalición a través das súas respectivas organizacións.

Así, no proceso producíronse 7.124 votos a favor, o 96,8 por cento, mesma porcentaxe alcanzada polo 'si' na consulta realizada a nivel estatal por Podemos. Un total de 199 persoas se monstraron contrarios ao acordo de coalición.

"Os resultados da consulta marcan unha liña clara que aposta por un Goberno progresista no que En Común teñan un papel decisivo para defender as políticas das maiorías sociais deste país", sinala En Común, que conta con dous deputados no Congreso.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS