Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.11.2019 Actualizado 23:31
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

COMISIÓNS

A Cámara pide traspasar o servizo de meteoroloxía

Os tres grupos ven imprescindible esta competencia para evitar o caos na comunidade cando se dan condicións climáticas adversas

REDACCIÓN E AXENCIAS .   | 11.12.2010 
A- A+

PEPE FERRÍN/AGN
Os deputados socialistas Mar Barcón e José Manuel Lage Tuñas descansan nun corredor do Parlamento
FOTO: PEPE FERRÍN/AGN

O Parlamento galego volveu reclamarlle onte ó Goberno central a transferencia a Galicia da competencia sobre o servizo meteorolóxico, nun momento do ano, tras o paso de sucesivos temporais de neve, ventos e choiva que provocaron dificultades especialmente na rede viaria de comunicacións galegas, "que evidencia a necesidade" de que a comunidade autónoma conte con este traspaso, unha demanda que, de seguir así as cousas, se converterá en todo un clásico. Así o apunta a exposición de motivos dunha proposición non de lei do Grupo Parlamentario do PPdeG, presentada polo deputado popular Antonio Rodríguez Miranda, para xustificar a insistencia nunha demanda que xa foi defendida no pleno da Cámara o pasado setembro. Os tres grupos aprobaron por unanimidade "demandar do Goberno de España que proceda, previo acordo entre ambas as dúas administracións e mediante as vías legalmente establecidas á materialización do traspaso á comunidade da competencia sobre Servizo Meteorolóxico".

Durante o debate da comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, Miranda reivindicou a "necesidade" de dita competencia, fronte ó que o deputado do PSdeG, Juan Carlos Francisco Ribeira, e Suárez Canal primaron a urxencia de protocolos de actuación ante fenómenos meteorolóxicos adversos como os acaecidos durante o último mes. "Temos mecanismos e temos protocolos", replicou o voceiro do PPdeG, para quen o que fai falta é dotar de "validez legal, xurídica e formal" a declaración de niveis de alerta por parte da axencia galega de meteoroloxía, Meteogalicia. Así, chamou a "acabar coas discrepancias entre a Aemet e Meteogalicia". Por outra banda, Rodríguez Miranda asegurou que a Xunta "non deriva responsabilidades" con respecto ó sucedido a semana pasada na AP-9 -que rexistrou colapsos por mor das placas de xeo-, pero Suárez Canal, ironizou sobre este aspecto: "Acaba de producirse un colapso na AP-9 que é inaceptable". Pola súa banda, o deputado socialista Ribeira asegurou que as políticas da Xunta neste ámbito "son nulas" e concluíu que "cada vez que neva non hai ningún plan".


Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS