Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 22.08.2019 Actualizado 13:14
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

dotado con 3.000 euros

A Deputación de Ourense convoca o XII Premio Pura e Dora Vázquez de narración infantil e xuvenil

SANTIAGO. EP  | 07.10.2014 
A- A+

A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases do XII Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil, dotado con 3.000 euros para as dúas modalidades.

Este certame "quere recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e novos, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez", segundo destaca o organismo provincial nun comunicado.

Ao premio, na súa modalidade de narración, poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega.

Os textos presentados han de ser inéditos e totalmente orixinais. As obras, a temática das cales será libre pero axeitada para o público infantil ou xuvenil, terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100, formato A4, fonte Times New Roman, tamaño de letra 12 e interlineado 1,5 liñas.

A presentación dos orixinais poderá realizarse no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense e os concursantes deberán remitir seis exemplares da obra nun sobre pechado no que indiquen no exterior 'Premio Pura e Dora Vázquez de Narración'.

As obras irán asinadas exclusivamente con pseudónimo. Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado no exterior do cal figurará o pseudónimo do autor e título da obra e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome, apelidos e pseudónimo do autor, dirección postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.

O xurado emitirá o seu ditame no primeiro trimestre de 2015 e a Deputación resérvase os dereitos da primeira edición da obra premiada nos idiomas galego e castelán.

Unha vez fallado, convocarase o premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración, e as obras presentadas nesta modalidade tomarán como base o texto premiado na modalidade de narración.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS