Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O alcalde do concello ourensán di que non molesta a ninguén co seu franquismo

A explosión dun artefacto causa serios danos materiais no edificio consistorial de Beade

Os cascallos amoreábanse no concello de Beade por mor da explosión - FOTO: EFE
Ver galería
Os cascallos amoreábanse no concello de Beade por mor da explosión - FOTO: EFE

OURENSE. EFE E EUROPA PRESS  | 07.10.2013 
A- A+

A explosión dun artefacto explosivo rexistrada na madrugada deste luns no edificio consistorial do Concello de Beade (Ourense) causou danos materiais, pero non houbo persoas feridas.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, sobre as 4.00 horas a Garda Civil recibiu o aviso dunha explosión rexistrada no Concello de Beade. A explosión no Consistorio de Beade provocou danos materiais como rotura de fiestras e cristais, entre outros, segundo apuntaron as mesmas fontes, que precisaron que non houbo aviso previo e que non se atopaba ninguén no lugar nese momento.

Ó lugar dos feitos, que permanece acordoado mentres os investigadores recollen mostras, se han desprazados efectivos de explosivos da Garda Civil (Gedex), do grupo cinológico con cans, así como Policía Xudicial, que investiga o sucedido, e do servizo rural do Instituto Armado.

Á fronte do Concello de Beade está o alcalde popular Senén Pousa, que se define como franquista e que ten no seu despacho simboloxía da época da ditadura.

SENÉN POUSA VOLVERÁ PRESENTARSE

O alcalde de Beade (Ourense), Senén Pousa, dixo que está á espera de que un perito avalíe os danos provocados pola explosión ocorrida esta madrugada no consistorio, e desvinculouno do seu aprecio ó franquismo pois "a miña idea non ma saca ninguén e non molesto a ninguén con ela".

O rexedor, do PPdeG, fixo estas declaracións ós xornalistas ante o Concello acompañado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, quen incidiu en que "nun país democrático as ideas deféndense nas institucións" pois "non é de recibo utilizar a violencia", e sinalou que "algo ten que ver este caso con outros de Galicia nestes tempos".

A explosión na casa consistorial de Beade produciuse ao redor das 04:00 por un artefacto colocado na porta do edificio, dentro dunha pota a presión, segundo o subdelegado do Goberno.

O alcalde de Beade aclarou, a preguntas dos xornalistas acerca dunha eventual relación entre a súa simpatía cara ó franquismo e a colocación do artefacto, que "todo o mundo podemos dar declaracións, o que digo é o que sinto", e "son o que son e seguireino sendo". Senén Pousa subliñou que volverá presentarse ás eleccións e dixo que espera facelo baixo as siglas do PP porque "todo o que fas polo teu pobo é pouco".

Sobre a autoría da explosión, explicou que non ten sospeitas e que "o pensamento pode ir moi lonxe", pero que "quizá fose o menos pensado". Neste contexto, recordou que hai 13 anos estivo ameazado por ETA e que ata lle quixeron pór escolta pero que, como é agricultor, non a quixo.

Pola súa banda, o subdelegado do Goberno condenou todo tipo de violencia e lamentou "profundamente estes actos que enturban a paz da cidadanía e crean alarma innecesaria".

Roberto Castro aclarou así mesmo que non pode relacionar "inmediatamente" este caso co ocorrido nunha sucursal de Novagalicia Banco fai uns dous meses pero "si é certo que hai un modus operandi" e que "algo ten que ver este caso con outros de Galicia nestes tempos".

Así e preguntado por se podería estar detrás do mesmo un grupo independentista, o subdelegado salientou que non se pode afirmar categoricamente pero pola forma de estourar e as circunstancias pódese apuntar nesa dirección".

Acerca da eventual relación entre as declaracións franquistas do alcalde e estes feitos, Roberto Castro agregou que "é o alcalde democraticamente elixido polo pobo".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS